bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 6
John 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 7 →
1
Despois disto foi Xesús á outra banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades).
2
Seguíao unha chea de xente, porque viran os sinais que facía nos enfermos.
3
Subiu Xesús ó monte e sentou alí cos seus discípulos.
4
Estaba a chegar a Pascua, a festa dos xudeus.
5
Levantou a vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a el, díxolle a Filipe: Onde imos mercar pan, para que coma esta xente?
6
(Isto dicíao para tentalo, que el ben sabía xa o que ía facer).
7
Respondeulle Filipe: Nin medio ano de xornal chega para que cada un deles reciba un codelo.
8
Un dos seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro, díxolle:
9
Hai aquí un rapaz que ten cinco bolos de pan de cebada e dous peixes. Claro que, que é iso para tantos?
10
Xesús ordenou: Facede sentar a xente. Había moita herba naquel sitio. E sentaron como uns cinco mil homes.
11
Entón colleu Xesús os pans e, dando grazas, repartiu ós sentados canto quixeron e o mesmo os peixes.
12
Cando se fartaron, díxolles ós seus discípulos: Recollede os anacos sobrantes, para que non se estrague nada.
13
Entón xuntáronos e encheron doce cestas cos anacos dos cinco bolos de pan de cebada, que lles sobraran ós que comeron.
14
O veren aqueles homes o sinal que fixera, dicían: "Este si que é o profeta que había de vir ó mundo".
15
Entón Xesús, decatándose de que o ían vir coller para proclamar o rei, retirouse só outra vez ó monte.
16
Como xa caera a tarde, baixaron os seus discípulos ó mar,
17
e, montando nun bote, dirixíanse cara á outra beira, a Cafarnaúm. Xa era noite pecha e Xesús aínda non chegara onda eles.
18
O mar empezouse a picar, porque ventaba rexo.
19
Despois de levaren vogado unhas tres millas, viron a Xesús camiñando por riba do mar e, conforme se ía achegando ó bote, empezaron a coller medo.
20
Pero el díxolles: Son eu, non teñades medo.
21
Entón queríano facer subir ó bote, pero naquel instante o bote quedou varado no sitio onde ían.
22
O outro día, a xente que quedara na outra banda do mar, decatouse de que alí non había máis ca un bote e que Xesús non montara nel cos seus discípulos, senón que estes marcharan sós.
23
Nisto chegaron algúns botes de Tiberíades, de cerca do sitio onde comeran o pan despois de o Señor dar grazas a Deus.
24
Así que, en vendo a xente que Xesús non estaba alí, nin tampouco os seus discípulos, montaron nos botes e chegaron a Cafarnaúm buscando a Xesús.
25
Atopárono na outra banda do mar e dixéronlle: —Rabbí, cando chegaches aquí?
26
Xesús contestoulles: Con toda verdade volo aseguro: buscádesme non porque vistes sinais, senón porque comestes pan ata vos fartar.
27
Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus marcou co seu selo.
28
Eles preguntáronlle: Que temos que facer para realizar as obras de Deus?
29
Respondeu Xesús: Esta é a obra de Deus: que creades naquel que El mandou.
30
Replicáronlle: Que sinal fas ti, para que véndoo creamos en ti? Que podes facer?
31
Os nosos pais comeron o maná no deserto, conforme está escrito: deulles a comer pan do ceo.
32
Entón díxolles Xesús: Con toda verdade volo aseguro: non foi Moisés quen vos deu o pan do ceo; meu Pai é quen vos dá o verdadeiro pan do ceo:
33
pois o pan de Deus é o que baixa do ceo e que lle dá vida ó mundo.
34
Dixéronlle entón: Señor, dános sempre dese pan.
35
Xesús respondeulles: Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e quen cre en min, endexamais non terá sede.
36
Pero xa vos dixen que, aínda que vistes, non credes.
37
Todos os que o Pai me entregou, virán onda min; e a quen vén onda min, non o botarei fóra.
38
Pois eu baixei do ceo non para facer a miña vontade, senón a vontade daquel que me mandou.
39
Esta é a vontade daquel que me mandou: que non perda a ningún dos que me entregou, senón que os resucite no derradeiro día.
40
Esta é, polo tanto, a vontade do meu Pai: que todo aquel que ve ó Fillo e cre nel, teña vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día.
41
Entón os xudeus comezaron a murmurar del, porque dixera "Eu son o pan que baixou do ceo",
42
e dicían: Non é este Xesús, o fillo de Xosé? Non lle coñecemos o pai e mais a nai? Como di, logo "Eu baixei do ceo"?
43
Xesús respondeulles: Non esteades aí a murmurar.
44
Ninguén pode vir onda min se non o trae o Pai que me mandou, e eu resucitareino no derradeiro día.
45
Está escrito nos Profetas: todos serán ensinados por Deus: todo aquel que escoita ó Pai e aprende, vén onda min.
46
Non porque alguén vise ó Pai; o único que viu ó Pai é o que estaba onda Deus.
47
Con toda verdade volo aseguro: quen cre, ten vida eterna.
48
Eu son o pan da vida.
49
Os vosos pais comeron o maná no deserto, pero morreron.
50
Este é o pan que baixa do ceo, para que quen coma del non morra.
51
Eu son o pan vivo que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida do mundo.
52
Discutían entón entre eles os xudeus: Como pode este darnos a comer a súa carne?
53
Díxolles entón Xesús: Con toda verdade volo aseguro: se non comedes a carne do Fillo do Home e non bebedes o seu sangue, non teredes vida en vós.
54
Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día.
55
Pois a miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida.
56
Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel.
57
Así coma o Pai, que me mandou, vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por min.
58
Este é o pan que baixou do ceo; non coma o que comeron os pais que mesmo así morreron: quen come este pan, vivirá para sempre.
59
Dixo estas cousas ensinando na sinagoga, en Cafarnaúm.
60
Cando tal oíron, moitos dos seus discípulos dixeron: Que dura é esta doutrina! Quen pode admitir tal cousa?
61
Comprendendo Xesús que os seus discípulos murmuraban do asunto, díxolles: Escandalízavos iso?
62
E logo se vísedes o Fillo do Home subindo a onde estaba antes?
63
O espírito é quen dá vida, a carne non vale para nada; as palabras que eu vos falei, son espírito e son vida.
64
E, aínda así, hai algúns de vós que non cren. Pois ben sabía Xesús desde o principio quen eran os que non crían e mais quen o había de entregar.
65
E proseguiu: Por iso téñovos dito que ninguén pode vir a min, se non llo concede o Pai.
66
Desde aquela moitos dos seus discípulos botáronse para atrás, e xa non andaban con el.
67
Preguntoulles entón Xesús ós Doce: Vós tamén vos queredes ir?
68
Respondeulle Simón Pedro: Señor, e onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna,
69
e nós cremos e recoñecemos que ti es o Santo de Deus.
70
Xesús dixo aínda: Non vos escollín eu os Doce? E mais un de vós é un Satán.
71
(Falaba de Xudas, o de Simón o Iscariote, pois este, sendo como era un dos Doce, habíao de entregar).
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21