bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 9
John 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 10 →
1
Ó pasar, viu a un cego de nacemento.
2
Entón preguntáronlle os seus discípulos: Mestre, quen pecou, para que nacese cego: el ou seus pais?
3
Xesús respondeu: Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se mostren nel as obras de Deus.
4
Precisamos facer as obras do que me mandou mentres é día; está a chegar a noite e daquela ninguén pode traballar.
5
Mentres eu estou no mundo, son a luz do mundo.
6
Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego,
7
dicíndolle: Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir "enviado"). El foi, lavouse e volveu con vista.
8
Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban: Non é este o que estaba sentado pedindo?
9
Uns dicían: "éche o mesmo"; outros, "non, é un que se lle asemella"; e el dicía: "son eu".
10
Entón preguntábanlle: Daquela como se che abriron os ollos?
11
El respondeu: O home que se chama Xesús fixo lama, untoume os ollos, e díxome: "Vai a Siloé e lávate". Entón fun e, ó que me lavei, comecei a ver.
12
Preguntáronlle: Onde está ese? El contestou: Non o sei.
13
Levaron onda os fariseos o que fora cego.
14
(Era sábado o día que Xesús fixera lama e lle abrira os ollos).
15
E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a ver. El respondeulles: Untoume lama polos ollos, laveime e vexo.
16
Algúns dos fariseos dicían: "Este home non vén de Deus, que non garda o sábado". Outros, en cambio, dicían: "Como ía poder un home pecador facer estes sinais?" E había división entre eles.
17
Entón preguntáronlle outra vez ó cego: A ti que che parece ese home que lles deu a vista ós teus ollos? El contestou: Que é un profeta.
18
Os xudeus non lle creron que fose cego e que chegase a ver, ata que chamaron polos seus pais
19
e lles preguntaron: É este o voso fillo, o que vós dicides que naceu cego? Logo como é que agora ve?
20
Os pais responderon: Nós sabemos que este é o noso fillo e que naceu cego:
21
como é que agora ve, non o sabemos; nin sabemos tampouco quen lle deu a vista. Preguntádelle a el, que ten anos para falar en por si.
22
(Isto dixérono os pais, porque lles tiñan medo ós xudeus, pois xa se puxeran de acordo en que, se alguén o recoñecía coma Mesías, botábano da sinagoga.
23
Por isto dixeron seus pais: "Ten idade, preguntádelle a el").
24
Chamaron por segunda vez polo home que fora cego e dixéronlle: Dá gloria a Deus: nós sabemos que ese home é un pecador.
25
El entón respondeu: Eu non sei se é un pecador; só sei unha cousa: que eu antes era cego e que agora vexo.
26
Dixéronlle entón: Pero que foi o que che fixo? Como che deu a vista?
27
Respondeulles: Xa volo dixen e non me fixestes caso. Por que queredes oílo outra vez? Ou é que tamén queredes facervos discípulos del?
28
Eles enchérono de aldraxes e dixéronlle: Serás ti discípulo del; nós somos discípulos de Moisés.
29
Nós sabemos que a Moisés lle falou Deus; deste, polo contrario, non sabemos de onde é.
30
O home replicoulles: Pois nisto precisamente está o admirable: en que vós non sabedes de onde é e el deulles a vista ós meus ollos.
31
Sabemos que Deus non escoita os pecadores, pero se un é piadoso e fai a súa vontade, a ese escóitao.
32
Endexamais non se soubo de ninguén que dese vista a un cego de nacemento:
33
se este non viñese de Deus, non podía facer nada.
34
Respondéronlle eles: Ti naciches todo metido en pecados e vasnos ensinar a nós? E botárono fóra.
35
Oíu Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle: Cres ti no Fillo do Home?
36
El respondeulle: E quen é, Señor, para que crea nel?
37
Díxolle Xesús: Éche o mesmo que estás vendo e que está a falar contigo.
38
El dixo: Creo, Señor. E prostrouse diante del.
39
Entón dixo Xesús: Para realizar un xuízo vin eu a este mundo: para que os que non ven, vexan; e os que ven, se volvan cegos.
40
Oíron isto algúns dos fariseos que estaban onda el, e preguntáronlle: E, logo, nós tamén estamos cegos?
41
Xesús contestoulles: Se estivésedes cegos, non teriades pecado; mais, como dicides que vedes, o voso pecado permanece.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21