bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 7
John 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 8 →
1
E despois disto, andaba Xesús pola Galilea, pois non quería andar pola Xudea, porque os xudeus queríano matar.
2
Estaba a chegar a festa dos xudeus chamada "das Tendas".
3
Dixéronlle entón seus irmáns: Sae de aquí e vai para Xudea, para que tamén os teus discípulos vexan as obras que fas;
4
porque quen quere ser famoso non actúa ás agachadas. Se fas esas cousas, móstrate ó mundo.
5
(Era visto que nin seus irmáns crían nel).
6
Xesús contestoulles: O meu tempo aínda non chegou, pero o voso sempre está á man.
7
Non pode o mundo aborrecervos a vós; pero a min aborréceme, porque eu testemuño contra el que as súas obras son ruíns.
8
Subide vós á festa: eu non subo, que aínda non chegou o meu tempo.
9
Despois desta conversa quedou na Galilea.
10
Pero cando seus irmáns xa subiran á festa, entón tamén el subiu, non manifestamente, senón en secreto.
11
Entón os xudeus buscábano na festa, e dicían: Onde está ese?
12
E polo baixo a xente falaba moito del. Uns dicían: "é un bo home"; outros, ó revés: "nada, nada: é un enredante".
13
Mais ninguén falaba del en público, por medo ós xudeus.
14
A iso da metade da festa, subiu Xesús ó templo e púxose a ensinar.
15
Admirábanse entón os xudeus, dicindo: Como é que este sabe todo o que sabe sen estudalo?
16
Respondeulles Xesús: A miña doutrina non é miña, senón daquel que me mandou.
17
Se alguén quere facer a vontade de Deus, distinguirá se esta doutrina vén de Deus ou se é que eu falo pola miña conta.
18
Quen fala pola súa conta, busca a propia gloria; polo contrario, quen procura o prestixio de quen o mandou, ese é veraz e non hai inxustiza nel.
19
Non vos deu Moisés a Lei? E, con todo, ningún de vós a garda. Por que me queredes matar?
20
Respondeu a xente: Seica tes o demo! Quen te quere matar a ti?
21
Xesús replicou: Fixen unha obra só, e todos vos marabillades.
22
Vexamos, logo, unha cousa. Moisés deuvos a circuncisión (que, ben mirado, non vén de Moisés, senón dos Pais) e, aínda que sexa sábado, vós circuncidades un home.
23
E se circuncidades un home en sábado, sen quebrantardes a Lei de Moisés, como é que vos alporizades comigo, porque curei en sábado a un home enteiro?
24
Non xulguedes pola aparencia, non; xulgade conforme á xustiza.
25
Algúns dos habitantes de Xerusalén comentaban: Non é a este ó que lle trataban a morte?
26
Pois mira como fala á vista de todo o mundo e mais non lle din nada. Será que de verdade as autoridades chegaron a recoñecer que el é o Mesías?
27
O caso é que este sabemos de onde é; mentres que o Mesías, cando veña, ninguén saberá de onde é.
28
Gritou entón Xesús, mentres ensinaba no templo: Así que a min coñecédesme e sabedes de onde son? Pois non vos vin pola miña conta; a min mandoume o Veraz, a quen vós non coñecedes.
29
Eu coñézoo, que de onda El son e foi El quen me mandou.
30
Daquela trataban de prendelo; pero ninguén lle botou man: aínda non chegara a súa hora.
31
Moita xente creu nel e dicía: E o Mesías, cando veña, fará máis sinais ca este?
32
Oíron os fariseos que o pobo andaba nestes falares e entón eles e mais os xefes dos sacerdotes mandaron gardas para o prenderen.
33
Dixo entón Xesús: Aínda estarei un pouquiño máis entre vós, e despois voume onda Aquel que me mandou.
34
Buscar buscarédesme, pero non me encontraredes, pois onde eu estea vós non poderedes vir.
35
Dixéronlles uns xudeus a outros: Para onde irá este, que non o poidamos atopar? Irá quizais para onda os emigrantes en terras dos gregos, predicarlles a eles?
36
Que significará iso que dixo, "buscar, buscarédesme, pero non me encontraredes", e "onde estea eu vós non poderedes vir"?
37
No derradeiro día, o máis grande da festa, púxose Xesús de pé, e gritou: Se alguén ten sede, que veña onda min e beba quen cre en min.
38
Como di a Escritura, deitaranlle do seu ventre regueiros de auga viva.
39
(Isto dicíao do Espírito que habían recibir cantos creran nel: pois aínda non había Espírito, porque Xesús non fora aínda glorificado).
40
Cando oíron isto, algúns de entre a xente, dicían: "Este é verdadeiramente o Profeta".
41
Outros: "Este é o Mesías". Outros, en cambio, dicían: "Pero é que o Mesías vai vir da Galilea?
42
Non di a Escritura que o Mesías ha vir da semente de David, e de Belén, a vila de onde era David?"
43
E houbo división no pobo, por causa del.
44
Algúns queríano prender, pero ninguén lle puxo enriba as mans.
45
Foron entón os gardas onda os xefes dos sacerdotes e os fariseos. Eles preguntáronlles: Por que non o trouxestes?
46
Responderon os gardas: Nunca ninguén falou así coma este home.
47
Respondéronlles os fariseos: Seica vos engaiolou tamén a vós?
48
Vistes que algún dos maxistrados ou dos fariseos crese nel?
49
Non. E a xente esa, que non coñece a Lei, son uns malditos.
50
Un deles, Nicodemo, o que fora primeiro onda el, dixo:
51
Desde cando a nosa Lei xulga un home sen antes escoitalo e investigar o que fixo?
52
Respondéronlle: Tamén ti es da Galilea? Pois estuda e verás como da Galilea non sae profeta ningún.
53
E fóronse cada un para a súa casa
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21