bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 18
John 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 19 →
1
En dicindo isto, saíu cos seus discípulos para a outra banda do regueiro Cedrón, onde había unha horta, na que entrou el e mais os seus discípulos.
2
Tamén Xudas, o que o había entregar, coñecía aquela horta, pois en moitas ocasións estivera alí Xesús cos seus discípulos.
3
Xudas levaba a patrulla e a garda dos sumos pontífices e dos fariseos, chegou alí con farois, fachos e armas.
4
Entón Xesús, sabendo todo o que lle viña enriba, adiantouse e preguntoulles: A quen buscades?
5
Respondéronlle: A Xesús de Nazaret. Díxolles El: Eu son. Estaba tamén con eles Xudas, o que o entregaba.
6
Cando lles dixo Eu son, botáronse para atrás e caeron ó chan.
7
Entón, preguntoulles outra vez: A quen buscades? Eles contestaron: A Xesús de Nazaret.
8
Xesús respondeulles: Díxenvos que "son eu": así que, se me buscades a min, deixade marchar a estes.
9
Así cumpriuse a palabra que dixera: "non perdín ningún dos que me deches".
10
Entón Simón Pedro, que tiña unha espada, desenvaiñouna e feriu ó garda do Sumo Sacerdote, rabenándolle a orella dereita. O nome do garda era Malco.
11
Pero Xesús díxolle a Pedro: Mete a espada na vaíña; e, logo, non hei beber o cáliz que me deu o Pai?
12
Entón a patrulla, o tribuno e mais os gardas dos xudeus, agarraron a Xesús e prendérono.
13
Levárono primeiro onda Anás, que era sogro de Caifás, o Sumo Sacerdote daquel ano.
14
(Era Caifás aquel que lles dera ós xudeus o consello: "Convén que un home morra polo pobo").
15
Seguían a Xesús Simón Pedro e mais outro discípulo. Este discípulo, por ser coñecido do Sumo Sacerdote, entrou con Xesús no adro do palacio do Sumo Sacerdote.
16
Pedro estaba fóra, na porta. Entón saíu o outro discípulo o coñecido do Sumo Sacerdote, falou coa porteira, e fixo entrar a Pedro.
17
A porteira preguntoulle a Pedro: Non es tamén ti dos discípulos dese home? El contestou: Non son.
18
Estaban os criados e os gardas facendo unha fogueira, porque facía frío, e aquecíanse. Estaba tamén Pedro con eles, de pé, aquecéndose.
19
Entón o Sumo Sacerdote interrogou a Xesús acerca dos seus discípulos e da súa doutrina.
20
Xesús respondeulle: Eu falei á vista do mundo, publicamente; eu sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde se xuntan todos os xudeus, e non falei nada ás agachadas.
21
Por que me preguntas a min? Pregúntalles ós que me oíron de que lles falei: eles saben ben o que dixen.
22
O dicir isto, un dos gardas alí presentes, deulle unha labazada a Xesús, dicindo: Así lle respondes ó Sumo Sacerdote?
23
Xesús replicoulle: Se falei mal, demóstrame en que; e se falei ben, por que me pegas?
24
Entón Anás mandouno amarrado onda Caifás, o Sumo Sacerdote.
25
Estaba Simón Pedro de pé, quentándose, e preguntáronlle: Non es tamén ti dos seus discípulos? El negouno, dicindo: Non son.
26
Un dos criados do Sumo Sacerdote, parente daquel a quen Pedro lle cortara a orella, replicoulle: E logo non te vin eu na horta con el?
27
Pedro negou outra vez; e naquel intre empezou a cantar un galo.
28
Levaron entón a Xesús de onda Caifás ó Pretorio. Era a amañecida. Eles non entraron no Pretorio para non se contaminaren e así poderen comer a Pascua.
29
Saíu entón fóra Pilato, onda eles, e preguntou: Que acusación traedes contra este home?
30
Eles responderon: Se este non fose un malfeitor, non cho entregabamos.
31
Díxolles entón Pilatos: Collédeo vós e xulgádeo segundo a vosa Lei. Os xudeus contestáronlle: Non nos é lícito matar a ninguén.
32
Así se cumpriu a palabra de Xesús, sinalando con que morte había morrer.
33
Entón entrou Pilato outra vez no Pretorio, chamou por Xesús e preguntoulle: Es ti o Rei dos Xudeus?
34
Xesús respondeu: Dilo ti pola túa conta ou dixéroncho outros de min?
35
Pilato replicou: E logo son eu xudeu? A túa xente e os sumos sacerdotes entregáronte a min: que fixeches?
36
Xesús contestoulle: O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén me entregase ós xudeus; pero o meu reino non é de aquí.
37
Díxolle entón Pilato: Logo ti es Rei? Xesús respondeu: Tal como o estás dicindo, eu son Rei: para iso nacín e para iso vin ó mundo, para dar testemuño da verdade; todo o que está aberto á verdade, escoita a miña voz.
38
Pilato preguntoulle: Que é a verdade? E, dito isto, saíu onda os xudeus e díxolles: Eu non atopo nel culpa ningunha.
39
Hai entre vós o costume de que eu vos solte alguén pola Pascua. Queredes, logo, que vos solte ó Rei dos Xudeus?
40
Berraron entón outra vez, dicindo: Non. A ese non; a Barrabás. (O tal Barrabás era un bandido).
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21