bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 21
John 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
1
Máis adiante aparecéuselles outra vez Xesús ós seus discípulos onda o lago de Tiberíades. Foi deste xeito:
2
estaban xuntos Simón Pedro, Tomé o chamado Xemelgo, Natanael o de Caná de Galilea, os do Zebedeo, e mais outros dous discípulos seus.
3
Simón Pedro díxolles: Vou pescar. Eles contestaron: Imos nós contigo tamén. Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron nada.
4
Xusto cando acababa de romper o día, presentouse Xesús na ribeira do lago. Pero non se decataron os discípulos de que era Xesús.
5
Xesús preguntoulles: Rapaces, tedes algo que comer? Eles responderon: Non.
6
Díxolles entón: Largade o aparello por estribor e atoparedes. Eles largárono, e xa non podían halalo a bordo, de tanto peixe.
7
Daquela, aquel discípulo a quen amaba Xesús díxolle a Pedro: É o Señor. Entón Simón Pedro, o escoitar que era o Señor, cinguiu o vestido pois estaba espido e botouse ó mar.
8
Os outros discípulos chegaron no bote, porque non estaban lonxe de terra senón a menos de cen metros, remolcando o aparello cos peixes.
9
Cando vararon en terra, viron que había unhas brasas cun peixe enriba, e mais pan.
10
Xesús díxolles: Traede peixes dos que acabades de coller.
11
Simón Pedro subiu ó bote e arrastrou para terra o aparello cheo de cento cincuenta e tres peixes grandes; e, con seren tantos, non rachou o aparello.
12
Xesús díxolles: Vinde comer. Ningún dos seus discípulos se atrevía a preguntarlle -ti quen es-, sabedores de que era o Señor.
13
Foi Xesús, colleu o pan e déullelo, e igualmente o peixe.
14
Esta foi a terceira vez que Xesús se manifestou ós seus discípulos resucitado de entre os mortos.
15
Cando xa comeran, preguntoulle Xesús a Simón Pedro: Simón de Xoán ámasme máis ca estes? El contestoulle: Si, Señor, ti sabes que te quero. Xesús díxolle: Apacenta os meus años.
16
E de novo preguntoulle por segunda vez: Simón de Xoán, ámasme? El respondeulle: Si, Señor, ti sabes que te quero. Xesús díxolle: Apacenta as miñas ovellas.
17
E preguntoulle por terceira vez: Simón de Xoán, quéresme? Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira vez "quéresme?", e respondeulle: Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero. Xesús díxolle: Apacenta as miñas ovellas.
18
Con toda verdade cho aseguro: cando eras novo vestíaste ti e ías onde querías; cando te fagas vello, estenderás as túas mans, e vestirate outro e levarate onde non queres.
19
Dixo isto para significar con que clase de morte había de dar gloria a Deus. E despois engadiu: Sígueme.
20
Virándose Pedro, viu que o seguía o discípulo a quen amaba Xesús, o que se recostara no seu peito na cea e lle preguntara "Señor, quen é o que te ha de entregar?"
21
O velo, preguntoulle Pedro a Xesús: E este, que?
22
Xesús contestoulle: Se quero que permaneza ata que eu veña, a ti que che importa? Ti sígueme.
23
Espallouse entón entre os irmáns a voz de que o discípulo aquel non morrería. Pero non dixera Xesús que non había de morrer, senón: "se quero que permaneza ata que eu veña, a ti que che importa?"
24
Este é o discípulo que dá testemuño destas cousas e o que as escribiu; e sabemos que o seu testemuño é verdadeiro.
25
Hai aínda moitas máis cousas que fixo Xesús, que, de escribilas unha por unha, coido que o propio mundo non podería conter os libros que se habían escribir.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21