bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 13
John 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 14 →
1
Antes da festa da Pascua, sabía Xesús que lle chegara a hora de pasar deste mundo para onda o Pai; e xa que amara ós seus que estaban no mundo, amounos ata a fin.
2
E mentres ceaban xa o Satán lle movera o corazón a Xudas, o de Simón Iscariote, para que o entregase,
3
sabendo que o Pai lle puxera todo nas mans, e que saíra de Deus e ía onda Deus,
4
ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse con ela.
5
Despois, botou auga nunha almofía e comezou a lavarlles os pés ós discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida.
6
Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle: Señor, vasme lavar os pés ti a min?
7
Xesús respondeulle: O que eu fago, ti non o entendes agora; halo comprender despois.
8
Pedro replicoulle: Ti non me lavarás os pés a min endexamais. Xesús respondeulle: Se non te lavo, non terás parte comigo.
9
Exclamou Simón Pedro: Señor, daquela os pés, as mans e mais a cabeza.
10
Dille Xesús: Quen se bañou, non precisa máis que lavar os pes, pois está todo limpo; e vós estades limpos, aínda que non todos.
11
Sabía quen o había de entregar: por iso dixo "non todos estades limpos".
12
Despois que Xesús lles lavou os pés e vestiu a súa túnica, sentou outra vez e preguntoulles: Comprendedes o que fixen convosco?
13
Vós chamádesme "Mestre" e "Señor" e dicides ben porque o son.
14
Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavarvos os pés uns a outros.
15
Deivos así un exemplo, para que, coma eu fixen convosco, así fagades tamén vós.
16
Con toda verdade volo aseguro: o servo non é meirande có seu Señor, nin o mensaxeiro é meirande ca quen o mandou.
17
Se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades.
18
Non o digo por todos vós: eu sei ben a quen escollín; pero para que se cumpra a Escritura: O que come comigo o pan, levantou contra min o seu pé.
19
Dígovolo desde agora, antes de que suceda, para que cando suceda, creades que eu son.
20
Con toda verdade volo aseguro: quen acolla a aquel que eu mande, acólleme a min; e quen me acolle a min, acolle a quen me mandou.
21
Dito isto, Xesús turbouse no seu interior e declarou abertamente: Con toda verdade volo digo: un de vós hame de entregar.
22
Os discípulos miraban uns para outros, sen saberen de quen falaba.
23
Estaba recostado no peito de Xesús un dos seus discípulos, aquel a quen Xesús amaba.
24
Entón Simón Pedro fíxolle un aceno, para que lle preguntase a quen aludía.
25
Daquela el, así apoiado no peito de Xesús, preguntoulle: Señor, quen é?
26
Xesús respondeulle: É aquel a quen eu lle vou dar o pan mollado. E mollando o pan, deullo a Xudas, o de Simón Iscariote.
27
E naquel instante, xunto co pan, entrou nel Satán. Entón díxolle Xesús: O que vas facer, faino axiña.
28
Ningún dos que estaban sentados á mesa comprendeu por que lle dixera isto.
29
Algúns coidaban que, ó ter Xudas a bolsa do diñeiro, dicíalle Xesús: "merca o que precisamos para a festa", ou que lles dese algo ós pobres.
30
El, collendo o pan, saíu axiña. Era de noite.
31
Cando saíu, dixo Xesús: Agora queda glorificado o Fillo do Home e Deus queda glorificado nel.
32
Se Deus queda glorificado nel, tamén Deus o glorificará a el e hao glorificar axiña.
33
Meus fillos: só un pouquiño estarei convosco. Habédesme buscar, pero, como lles dixen ós xudeus, dígovolo a vós agora: "onde vou eu, vós non podedes vir".
34
Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós.
35
Nisto coñecerán todos que sodes os meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros.
36
Simón Pedro preguntoulle: Señor, onde vas? Xesús respondeulle: Onde eu vou non podes ti seguirme agora, seguirasme despois.
37
Pedro replicoulle: Por que non podo seguirte agora? Estou disposto a dar a miña vida por ti.
38
Xesús respondeulle: Que ti darás a túa vida por min? Con toda verdade cho aseguro: non cantará o galo, antes de que me negues tres veces.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21