bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 12
John 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 13 →
1
Seis días antes da Pascua, foi Xesús a Betania, onde estaba Lázaro, a quen resucitara de entre os mortos.
2
Fixéronlle alí unha cea. Marta servía, mentres que Lázaro era un dos comensais.
3
Entón María, collendo unha libra de perfume de nardo puro, de moito prezo, unxiu os pés de Xesús e enxugoullos cos seus cabelos. A casa quedou chea do recendo do perfume.
4
Pero Xudas, o Iscariote, un dos seus discípulos, o que o había de entregar, dixo:
5
Por que non se vendeu ese perfume por trescentos denarios, e non se lles deron ós pobres?
6
Dixo isto non porque tivese interese polos pobres, senón porque era ladrón e, tendo el a bolsa, botaba man do que se metía nela.
7
Pero Xesús replicou: Déixaa estar: que garde isto para o día do meu enterro;
8
pois ós pobres sempre os tedes entre vós, mentres que a min non sempre me ides ter.
9
Unha chea de xente de entre os xudeus soubo entón que el estaba alí e viñeron non só por Xesús, senón tamén para veren a Lázaro, a quen resucitara de entre os mortos.
10
Pero os sumos sacerdotes decidiron matar tamén a Lázaro,
11
pois moitos, por causa del, fuxían dos xudeus e crían en Xesús.
12
O outro día, a xente que viñera á festa, oíndo que Xesús viña a Xerusalén,
13
Apañou ramas das palmeiras e saíulle ó encontro exclamando: Hosanna!: Bendito o que vén no nome do Señor, o Rei de Israel!.
14
Xesús atopou un burriño, e montou nel, conforme está escrito:
15
Non temas, filla de Sión, mira que vén o teu rei, montado nun burriño.
16
O comezo os seus discípulos non comprenderon estas cousas; pero cando Xesús foi glorificado, entón lembráronse de que estaban escritas del e que así llas fixeron.
17
As persoas que estaban con el cando mandara a Lázaro saír da sepultura e o resucitara de entre os mortos, daban público testemuño.
18
Tamén lle saíu ó encontro a xente, pois oíran que el fixera este sinal.
19
Pero os fariseos dixeron entre eles: "Vedes que non conseguides nada; mirade para aí: todo o mundo foi detrás del".
20
Algúns dos que subían a adorar no día da Festa eran gregos.
21
Achegáronse a Filipe, o de Betsaida de Galilea, e pedíronlle: Señor, queremos ver a Xesús.
22
Foi Filipe e díxollo a Andrés; Andrés e mais Filipe foron dicirllo a Xesús.
23
Xesús respondeulles: Chegou a hora de que sexa glorificado o Fillo do Home.
24
Évos ben certo: se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se morre, dará froito abondoso.
25
Quen ama a súa vida, pérdea; mais quen aborrece a súa vida neste mundo, poñeraa a salvo para unha vida eterna.
26
Se alguén quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honrar o Pai.
27
Agora o meu espírito está turbado. E que hei de dicir: Pai, sálvame desta hora? Pero se para iso cheguei a esta hora!
28
Pai, glorifica o teu Nome. Chegou entón unha voz do ceo: Xa o glorifiquei, e glorificareino aínda de novo.
29
O oílo o xentío alí presente, dicía que fora un trono; outros dicían: "faloulle un anxo".
30
Xesús interveu dicindo: Esta voz non foi por min, senón por vós.
31
Agora é o xuízo deste mundo; agora ó príncipe deste mundo vano botar fóra.
32
E eu, cando me ergan da terra, atraerei a todos cara a min.
33
Dicía isto, indicando de que morte había de morrer.
34
Respondeulle entón a xente: Nós coñecemos pola Lei que o Mesías permanece para sempre; como dis ti que ten que ser erguido o Fillo do Home? Quen é ese Fillo do Home?
35
Xesús contestoulles: Aínda por un pouco estará a luz entre vós. Camiñade mentres tedes a luz, para que a tebra non vos atrape: quen camiña na tebra, non sabe para onde vai.
36
Mentres tedes a luz, crede na luz, para que vos volvades fillos da luz. Xesús en falando estas cousas, fuxiu e agachouse deles.
37
Pero, mesmo facendo Xesús tantos dos seus signos diante deles, non creron nel,
38
de xeito que se cumprise a palabra que dixo o profeta Isaías: Señor, quen creu na nosa predicación? E a quen se manifestou o brazo do Señor?
39
Por iso non podían crer, pois tamén dixo Isaías:
40
Cegou os seus ollos e endureceu os seus corazóns, non sexa que os seus ollos vexan e a súa mente entenda e se convertan e eu os salve.
41
Dixo isto Isaías, pois viu a súa gloria e falou del.
42
Con todo, moitos, tamén de entre as autoridades, creran nel, mais por causa dos fariseos non o confesaban, para que non os apartasen da sinagoga,
43
pois preferiron a gloria dos homes antes cá gloria de Deus.
44
Xesús gritou: Quen cre en min, realmente non cre en min, senón naquel que me mandou;
45
e quen me ve a min, ve a quen me mandou.
46
Eu son a luz que veu ó mundo, para que todo o que cre en min non permaneza nas tebras.
47
Se alguén escoita as miñas palabras e non as garda, eu non o xulgo, pois non vin para xulgar o mundo, senón para o salvar.
48
Quen me despreza e non recibe as miñas palabras, ten quen o xulgue: a palabra que eu falei hao xulgar no derradeiro día.
49
Porque eu non falei pola miña conta, senón que o mesmo Pai, que me mandou, deume a encomenda do que debo dicir e do que hei de falar.
50
E eu sei que a súa encomenda é vida eterna. Por iso, as cousas que eu falo, fáloas como mas dixo o Pai.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21