bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 2
John 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 3 →
1
O terceiro día houbo un casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús.
2
Tamén foi convidado Xesús e mais os seus discípulos ó casamento.
3
Chegou a faltar o viño e a nai de Xesús díxolle: Non che teñen viño.
4
Replicoulle Xesús: Muller que ten que ver iso comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora.
5
Súa nai díxolles entón ós servidores: Facede o que el vos diga.
6
Había alí seis tallas de pedra para as purificacións dos xudeus, que levaban ó pé de cen litros cada unha.
7
E ordenoulles Xesús: Enchede de auga as tallas. Eles enchéronas de todo.
8
Díxolles entón: Collede agora e levádelle a proba ó mestresala. Eles levárona.
9
E, cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onda viña (os servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo
10
e díxolle: Todo o mundo pon de primeiras o viño bo e, cando xa están bébedos, o máis cativo; ti, en troques, deixáche-lo viño bo para agora.
11
Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa gloria, e creron nel os seus discípulos.
12
Despois disto baixou a Cafarnaúm, con súa nai, seus irmáns e mais os seus discípulos, e quedou alí uns poucos días.
13
Estaba a chegar a Pascua dos xudeus e subiu Xesús a Xerusalén.
14
Atopou no templo os que vendían bois, ovellas e pombas e mais os cambiadores, sentados;
15
foi el e fixo un vergallo con cordas de xunco, botounos a todos fóra do templo e as ovellas e os bois tamén; guindou cos cartos e virou as mesas dos cambiadores
16
e ós que vendían as pombas, díxolles: Arredádeme de aquí estas cousas, non fagades da casa do meu Pai unha casa de negocio.
17
Lembráronse os seus discípulos de que estaba escrito: "O celo da túa casa devórame".
18
Pola súa parte, os xudeus preguntáronlle: Que sinal nos mostras, para faceres estes feitos?
19
Respondeulles Xesús: Derrubade este templo e erguereino en tres días.
20
Replicáronlle os xudeus: Corenta e seis anos levou edificar este templo e halo erguer ti en tres días?
21
Pero el dicíao referíndose ó templo do seu corpo.
22
Cando se ergueu de entre os mortos, lembraron os seus discípulos o que dixera e creron na Escritura e no dito de Xesús.
23
Estando Xesús en Xerusalén pola festa da Pascua, moitos creron nel, vendo os signos que facía.
24
Pero, pola súa parte, Xesús non se fiaba deles, porque os coñecía a todos.
25
Non precisaba de que ninguén lle dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o que había no home.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21