bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 19
John 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 20 →
1
Entón Pilato colleu a Xesús e mandouno azoutar.
2
Os soldados, tecendo unha coroa con espiños, puxéronlla na cabeza, vestíronlle un manto de púrpura,
3
e, inclinándose diante del, dicíanlle: "Salve, Rei dos Xudeus!". E dábanlle labazadas.
4
Pilato saíu outra vez fóra e díxolles: Mirade, tráiovolo fóra, para que vos decatedes de que non atopo nel culpa ningunha.
5
Entón saíu fóra Xesús, levando a coroa de espiños e o manto de púrpura. Pilato díxolles: Velaquí o home.
6
Cando o viron, os sumos sacerdotes e os gardas berraron: Crucifícao, crucifícao! Pilato respondeulles: Collédeo vós e crucificádeo, que eu non atopo culpa nel.
7
Os xudeus replicaron: Nós temos unha Lei, e conforme a Lei debe morrer, por se facer Fillo de Deus.
8
Cando Pilato oíu estas palabras, colleu moito medo,
9
entrou outra vez no Pretorio e preguntoulle a Xesús: De onde es ti? Pero Xesús non lle deu unha fala.
10
Entón Pilato insistiu: Comigo non falas? Non sabes que teño poder para soltarte e poder para crucificarte?
11
Xesús respondeulle: Non terías ningún poder sobre min, se non cho desen de arriba. Por iso, o que me entregou a ti ten maior pecado.
12
Despois disto Pilato procuraba liberalo. Pero os xudeus berraban: Se soltas a ese, non es amigo do César: todo o que se fai rei, oponse ó César.
13
Pilato, oídas estas palabras, levou para fóra a Xesús e sentouno no tribunal, no sitio nomeado "O lousado", en hebreo "gábaza".
14
(Era o día da Preparación da Pascua, alá contra as doce do día). Díxolles ós xudeus: Velaquí o voso rei.
15
Pero eles berraban: Fóra, fóra! Crucifícao! Pilato preguntoulles: Pero como vou crucificar o voso rei? Os sumos sacerdotes insistiron: Non temos máis rei có César.
16
Daquela, entregóullelo para que o crucificasen. Entón colleron a Xesús.
17
Cargando el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en hebreo.
18
Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no medio.
19
Escribiu Pilato un título e púxoo na cruz. O escrito era: Xesús o Nazareno, o Rei dos Xudeus.
20
Moitos dos xudeus leron este título, porque o sitio onde Xesús foi crucificado estaba cerca da vila, e estaba escrito en hebreo, latín e grego.
21
Os sumos sacerdotes dixéronlle a Pilato: Non escribas "O Rei dos Xudeus", senón que el dixo "Son Rei dos Xudeus".
22
Pilato respondeu: O escrito, escrito está.
23
Entón os soldados, cando crucificaron a Xesús, colleron a roupa del e fixeron catro partes, unha parte para cada soldado, e mais a túnica. Era a túnica sen costura, tecida dunha peza de arriba abaixo.
24
E falaron entre eles: Non a rachemos: sorteémola a ver a quen lle toca. Así cumpriuse a Escritura, que di: Repartiron entre eles a miña roupa e sortearon a miña túnica. Tal fixeron os soldados.
25
O pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Magdalena.
26
Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai: Muller, velaí o teu fillo.
27
Despois díxolle ó discípulo: Velaí a túa nai. Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.
28
Despois disto, sabendo Xesús que xa todo estaba acabado, para que se cumprise plenamente a Escritura, dixo: "Teño sede".
29
Había alí un xerro cheo de vinagre. Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo, achegáronlla á boca.
30
Cando probou Xesús o vinagre dixo: Está cumprido. E, inclinando a cabeza, entregou o espírito.
31
Entón os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na cruz durante o sábado pois era grande aquel día de sábado, rogáronlle a Pilato que lles rompesen as pernas e os retirasen.
32
Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlles as pernas ó primeiro e mais ó outro que crucificaran con el.
33
Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle romperon as pernas,
34
senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza; e no instante saíu sangue e auga.
35
Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade, para que tamén vós creades.
36
Porque isto aconteceu para que se cumprise a Escritura: "Non lle crebarán óso ningún".
37
E noutro lugar di: Han mirar para quen traspasaron.
38
Despois disto, Xosé o de Arimatea, que era discípulo de Xesús aínda que ás agachadas, por medo ós xudeus, rogoulle a Pilato que lle deixase retirar o corpo de Xesús. Pilato accedeu. Foi e retirou o corpo.
39
Foi tamén Nicodemo aquel que primeiramente viñera onda Xesús de noite, levando unha mestura de mirra e áloe de case cen libras.
40
Colleron o corpo de Xesús e, segundo é costume sepultar entre os xudeus, enfaixárono en panos, con aromas.
41
No sitio onde crucificaran a Xesús había un xardín, e no xardín un sepulcro novo, que aínda non usara ninguén.
42
Puxeron alí a Xesús, por mor da Preparación dos xudeus, pois o sepulcro estaba cerca.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21