bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 14
John 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 15 →
1
Non vos agoniedes: crede en Deus e mais crede en min.
2
Na casa do meu Pai hai moitas moradas; doutro xeito, teríavos dito que vos ía arranxar un lugar?
3
E cando vaia e vos arranxe un lugar, volverei e collereivos comigo, para que, onde estea eu, esteades vós tamén.
4
E a onde eu vou, vós ben sabedes o camiño.
5
Dille Tomé: Señor, se non sabemos onde vas, como imos saber o camiño?
6
Xesús respondeulle: Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min.
7
Se me coñecésedes, coñeceriades tamén a meu Pai; aínda que xa desde agora o coñecedes e o tedes visto.
8
Filipe díxolle: Señor, móstranos o Pai e abóndanos.
9
Xesús replicoulle: Pero, Filipe, levo tanto tempo convosco e aínda non me coñeces? Quen me viu a min, viu o Pai. Como dis entón "móstranos o Pai"?
10
Non cres que eu estou no Pai e o Pai en min? As palabras que eu vos digo non as falo pola miña conta; é o Pai, que permanece en min, quen fai as súas obras.
11
Crédeme que eu estou no Pai e o Pai en min. Se non, polo menos crede por esas mesmas obras.
12
Con toda verdade volo aseguro: quen cre en min, fará el tamén as obras que eu fago, e faraas meirandes aínda, pois estou para irme onda o Pai;
13
e o que pidades no meu nome, heino facer, para que o Pai sexa glorificado no Fillo.
14
Se algo me pedides no meu nome, eu fareino.
15
Se me amades, gardaredes os meus mandamentos,
16
e eu rogareille ó Pai, e daravos outro Paráclito para que decote estea convosco:
17
o Espírito da Verdade. O mundo non o pode acoller, pois non o ve nin o coñece; mais vós coñecédelo, pois permanece onda vós e está en vós.
18
Non vos deixarei orfos; logo volvo onda vós.
19
Un pouquiño máis e o mundo xa non me verá; pero vós habédesme ver, que eu vivo e tamén vós habedes vivir.
20
Naquel día coñeceredes que eu estou en meu Pai, e vós en min, e eu en vós.
21
Quen ten os meus mandamentos e os garda, ese ámame; o que me ama será amado por meu Pai, e eu amareino e manifestareime a el.
22
Xudas, o outro, non o Iscariote, preguntoulle: Que pasou, para que ti vaias manifestarte a nós e non ó mundo?
23
Xesús respondeulle: Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el.
24
O que non me ama, non garda as miñas palabras; e a palabra que escoitades de min, non é miña, é do Pai que me mandou.
25
Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco;
26
pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e traeravos á memoria canto eu vos dixen.
27
Déixovos a paz, douvos a miña paz: eu non vola dou coma o mundo a dá. Non vos angustiedes, nin teñades medo.
28
Oístes que vos dixen "voume e logo volvo onda vós". Se me amasedes, alegrariádesvos de que eu vaia onda o Pai, xa que o Pai é máis ca min.
29
Díxenvolo agora, antes de que suceda, para que, cando suceda, creades.
30
Xa non falarei moito convosco, pois está a vir o príncipe deste mundo. Sobre min non ten nada;
31
mais é para que saiba o mundo que eu amo ó Pai, e que, coma o Pai me mandou, así fago. Erguede, vámonos de aquí.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21