bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 5
John 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 6 →
1
Despois disto había unha festa dos xudeus. E Xesús subiu a Xerusalén.
2
Hai en Xerusalén, onda a Porta das Ovellas, unha piscina, chamada en hebreo Bezsazá, que ten cinco pórticos.
3
Neles había unha chea de enfermos, cegos, coxos, tolleitos, agardando o movemento da auga.
4
(Pois de vez en cando baixaba un anxo á piscina e remexía a auga; entón, o primeiro que entrase despois da axitación da auga, quedaba curado de calquera mal que tivese).
5
Había alí un home que levaba trinta e oito anos enfermo.
6
Xesús, ó velo deitado e sabendo que levaba xa moito tempo, preguntoulle: Ti queres quedar san?
7
Respondeulle o enfermo: Señor, eu non teño a ninguén que me bote na piscina cando se remexe a auga; e, mentres eu veño, sempre baixa outro máis axiña ca min.
8
Xesús díxolle: Érguete, colle o teu leito e anda.
9
No intre púxose bo aquel home, colleu a súa padiola e botou a andar. Pero aquel día era sábado.
10
Entón dicíanlle os xudeus ó que quedara curado: É sábado, non tes dereito a levar o leito.
11
Mais el respondeulles: O que me curou, díxome el mesmo: "Colle o teu leito e anda".
12
Eles preguntáronlle: Quen é o home que che dixo "colle e anda"?
13
Pero o curado non o sabía, pois Xesús escapara do xentío que había naquel sitio.
14
Máis tarde atopouno Xesús no templo e díxolle: Mira que estás san; non volvas pecar, para que non che veña algo peor.
15
Foise o home e contoulles ós xudeus que fora Xesús quen o curara.
16
Por este motivo os xudeus perseguían a Xesús, por facer estas cousas en sábado.
17
Xesús respondeulles: O meu Pai ata o presente está sempre a traballar; eu tamén traballo.
18
Por iso os xudeus tiñan máis interese en matalo, porque non só violaba o sábado, senón que dicía que Deus era seu Pai, facéndose a si mesmo igual a Deus.
19
Xesús saíulles ó paso dicindo: Con toda verdade volo aseguro: o Fillo non pode facer en por si nada: só o que lle ve facer a seu Pai. O que este fai, faino tamén o Fillo:
20
pois o Pai ama ó Fillo, e móstralle todas as cousas que el fai, e mostraralle obras meirandes ca estas, para que vos pasmedes.
21
Pois, así coma o Pai resucita os mortos e lles dá vida, así tamén o Fillo dá vida ós que el quere.
22
Pois nin sequera o Pai xulga a ninguén, senón que delegou no Fillo todo o poder de xulgar,
23
para que todos honren o Fillo como honran o Pai. O que non honra o Fillo, non honra o Pai, que o mandou.
24
Dígovos a verdade: quen escoita a miña palabra e cre no que me mandou, ten vida eterna e non comparecerá a xuízo, senón que pasará da morte á vida.
25
Con toda verdade volo aseguro: chega a hora ou, mellor dito, xa é esta a hora en que os mortos escoitarán a voz do Fillo de Deus e os que a escoiten, vivirán.
26
Pois así coma o Pai ten vida en si mesmo así tamén lle deu ó Fillo ter vida en si mesmo;
27
e deulle tamén poder para xulgar, pois é o Fillo do Home.
28
Non vos pasme isto, porque chega o momento en que todos os que están nos sepulcros escoitarán a súa voz;
29
e sairán os que fixeron o ben a unha resurrección de vida; e os que obraron o mal a unha resurrección de condena.
30
Eu nada podo facer pola miña conta: conforme oio, xulgo; e o meu xuízo é xusto, porque non procuro a miña vontade senón a vontade de quen me mandou.
31
Se eu fose testemuña en causa propia, o meu testemuño non tería validez.
32
Pero é outro o que testemuña a favor de min e eu sei que é valedoiro o testemuño que dá de min.
33
Vós mandastes xente a preguntarlle a Xoán e el deu testemuño da verdade.
34
Non é que eu apele ó testemuño dos homes, pero lémbrovos isto pola vosa salvación.
35
Xoán era o facho que ardía e alumaba, e vós quixestes gozar un instante da súa luz.
36
Mais eu teño un testemuño máis importante có de Xoán, pois as obras que o Pai me encargou de levar a cabo, esas obras que eu fago, dan fe de que eu son un mandado do Pai.
37
E o Pai, que me mandou, dá testemuño en favor de min. Pero vós nin oístes nunca a súa voz, nin víste-lo seu rostro
38
e tampouco conservades a súa palabra en vós, porque non credes naquel que El mandou.
39
Estudiades as Escrituras, coidando que nelas tedes vida eterna: pois esas son as que testemuñan a favor meu
40
e vós non queredes vir a min, e así ter vida.
41
Non é que eu espere gloria dos homes;
42
pero ben me decato de que vós non tedes dentro o amor de Deus.
43
Eu veño no nome do meu Pai e non me recibides; se outro vén no seu propio nome, a ese habedes de recibilo.
44
Como ides poder crer vós, que vos dades honra uns a outros e non procurades a gloria que vén do único Deus?
45
Non coidedes que vos hei acusar ó Pai: quen vos acusa é Moisés, ese no que vós tedes a esperanza.
46
Pois se vós crerades a Moisés, habiades crer tamén en min, xa que de min escribiu el.
47
Mais se non fiades nos seus escritos, como ides crer nas miñas palabras?
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21