bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 4
John 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 5 →
1
Xesús decatouse de que os fariseos oíran que el facía máis discípulos e bautizaba máis ca Xoán
2
(aínda que a verdade era que non bautizaba Xesús mesmo senón os seus discípulos).
3
Entón deixou a Xudea e partiu outra vez para Galilea.
4
Necesitaba pasar pola Samaría.
5
Chegou, logo, a unha cidade da Samaría chamada Sicar, preto do terreo que lle deixara Xacob a seu fillo Xosé.
6
Estaba alí o pozo de Xacob. E Xesús, canso do camiño, sentou onda o pozo. Era ó pé do mediodía.
7
Chegou unha muller da Samaría sacar auga. E Xesús díxolle: Dáme de beber.
8
(Os seus discípulos foran á vila, mercar comida).
9
Preguntoulle entón a muller samaritana: Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea de beber? (Porque os xudeus non se levan cos samaritanos).
10
Respondeulle Xesús: Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di "dáme de beber", ti mesma lle pedirías a el e el daríache auga viva.
11
Replicoulle a muller: Señor, se ti nin sequera tes caldeiro e o pozo é fondo, de onde pensas quitar esa auga viva?
12
Seica es ti máis có noso pai Xacob, quen nos deu este pozo, do que beberon el, seus fillos e mais o seu gando?
13
Xesús contestoulle: Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez;
14
pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca mais terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte que saltará ata a vida eterna.
15
A muller suplicou: Señor, dáme, logo, desa auga para non ter sede nin ter que vir aquí por ela.
16
Díxolle Xesús: Vai chamar polo teu marido e volve aquí.
17
A muller contestou: Non teño marido. Xesús díxolle: Falaches ben, dicindo "non teño marido";
18
tiveches cinco homes e o que tes agora non é teu marido. Desta si que falaches a verdade.
19
A muller respondeu: Señor, vexo que ti es profeta.
20
Os nosos pais adoraron neste monte e vós dicides que é en Xerusalén onde hai que adorar.
21
Xesús díxolle: Faime caso, muller: chega a hora en que nin neste monte nin en Xerusalén adoraréde-lo Pai.
22
Vós adoráde-lo que non coñecedes; nós adoramos o que coñecemos, pois a salvación vén dos xudeus.
23
Pero chega a hora é xa agora en que os verdadeiros adoradores adorarán o Pai en espírito e verdade, pois eses son os adoradores que procura o Pai.
24
Deus é espírito e cómpre que os que o adoran, o adoren en espírito e verdade.
25
Respondeu a muller: Sei que está para vir o Mesías, o chamado Cristo. Cando el veña, hanos anunciar todas as cousas.
26
Díxolle Xesús: Son eu, o que está falando contigo.
27
Nisto chegaron os seus discípulos e chamoulles a atención que falase cunha muller. Pero ningún lle preguntou: "Que pretendes?" ou "De que falas con esa?"
28
Entón, deixando a muller o seu cántaro, foi á vila e díxolles ós veciños:
29
Vide ver un home que me dixo todo canto eu fixen. Non será el o Mesías?
30
Eles saíron da vila e viñeron onda el.
31
Mentres, os seus discípulos insistíanlle: —Rabbí, come.
32
Mais el díxolles: Eu teño para xantar unha comida que vós non sabedes.
33
Dicíanse entón os discípulos, uns ós outros: Traeríalle alguén de comer?
34
Xesús díxolles: A miña comida é facer a vontade daquel que me mandou e levar a remate a súa obra.
35
Non dicides vós que aínda faltan catro meses para que chegue a seitura? Ben, pois mirade o que vos digo: erguede os vosos ollos e veredes que os campos están brancos para a seitura.
36
O que sega recibe a paga e recolle froito para a vida eterna; de xeito que se alegran tanto quen sementa coma quen sega.
37
Pois nisto é verdadeiro o dito de que un é quen sementa e outro quen recolle.
38
Eu mandeivos recolle-lo que vós non traballastes: outros traballaron e vós recolléste-lo froito do seu traballo.
39
Moitos samaritanos daquela vila creron nel, pola palabra da muller, que declaraba: "díxome todo canto eu fixen".
40
Por iso os samaritanos chegados onda el, rogábanlle que quedase con eles; e quedou alí dous días.
41
E creron aínda moitos máis polo que el lles dixo.
42
Dicíanlle despois á muller: Xa non cremos polo que ti nos dixeches: nós mesmos o escoitamos e sabemos que este é de verdade o Salvador do mundo.
43
Pasados os dous días, saíu de alí para Galilea
44
(pois o mesmo Xesús afirmara que ningún profeta é honrado na súa patria).
45
Entón, cando chegou á Galilea, fórono esperar os galileos, pois, como tamén eles foran á festa, viran todo canto el fixera en Xerusalén ese día.
46
Volveu así de novo a Caná de Galilea, onde cambiara a auga en viño. Había en Cafarnaúm un funcionario que tiña o fillo enfermo.
47
Oíndo que Xesús viña da Xudea cara á Galilea, foino esperar, e rogáballe que baixase a curar o seu fillo, que estaba á morte.
48
Díxolle entón Xesús: Se non vedes sinais e prodixios, non credes.
49
O funcionario insistiu: Señor, baixa antes de que morra o meu meniño.
50
Xesús contestoulle: Vaite, o teu fillo vive. O home creu na palabra que lle dixera Xesús e foise.
51
E, cando xa el baixaba, saíronlle ó encontro os seus servos, para lle dicir que o neno xa se puxera ben.
52
Entón preguntoulles a que hora empezara a notar a melloría. Eles respondéronlle: Onte, a iso da unha baixoulle a febre.
53
Decatouse entón o pai de que aquela fora a hora na que lle dixera Xesús "o teu fillo vive", e creu el e mais toda a súa familia.
54
Este segundo signo fíxoo Xesús cando volvía da Xudea para a Galilea.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21