bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
John 16
John 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 17 →
1
Díxenvos estas cousas para que non vos escandalicedes.
2
Hanvos expulsar das sinagogas; e mesmo chega a hora en que todo aquel que vos mate, coide que está dando culto a Deus.
3
E farán iso, porque non coñeceron nin ó Pai nin a min.
4
Mais díxenvos isto, para que, cando chegue a hora, recordedes que xa eu volo tiña dito. Non vos dixen isto desde o comezo, porque estaba convosco.
5
Pero agora voume onda o que me mandou e ningún de vós me pregunta: "Onde vas?"
6
O contrario porque vos dixen estas cousas, a tristura encheu os vosos corazóns.
7
Pero eu dígovos a verdade: convenvos que eu me vaia; pois, se eu non me vou, non virá a vós o Paráclito; en cambio, se eu me vou, mandareino onda vós.
8
E cando veña culpará ó mundo de pecado, xustiza e condena:
9
pecado, porque non cren en min;
10
xustiza, porque vou onda o Pai e xa non me veredes;
11
condena, porque o príncipe deste mundo xa resultou condenado.
12
Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero non podedes con elas agora.
13
Cando veña El, o Espírito da Verdade, havos encamiñar á verdade plena, pois non vos falará pola súa conta, senón que vos dirá o que escoitou e anunciaravos o que ha de pasar.
14
El hame glorificar, pois recibirá do meu e interpretarávolo.
15
Todo o que ten o Pai é meu, por iso díxenvos que recibirá do meu e volo interpretará a vós.
16
Un pouquiño e xa non me veredes; e outro pouquiño, e volverédesme ver.
17
Comentaron entón algúns dos seus discípulos: "Que é isto que nos di un pouquiño e xa non me veredes; e outro pouquiño, e volverédesme ver? E iso de porque vou onda o Pai?".
18
E dicían: "Que é ese un pouquiño? Non sabemos o que quere dicir".
19
Coñeceu Xesús que lle querían preguntar e díxolles: Matinades entre vós acerca disto que vos dixen, "un pouquiño e xa non me veredes, e outro pouquiño e volverédesme ver"?
20
Con toda verdade volo aseguro: choraredes e lamentarédesvos, mentres que o mundo se alegrará. Vós estaredes tristes, mais a vosa tristura volverase alegría.
21
A muller, cando vai dar á luz, ten tristura, pois chegou a súa hora; pero cando deu á luz o neno, xa non lle acorda o apuro, pola alegría de que naceu un home para o mundo.
22
Así, tamén vós tedes agora tristura; pero heivos de ver de novo e o voso corazón alegrarase, e a vosa alegría ninguén vola poderá quitar.
23
E aquel día xa non me preguntaredes nada. Con toda verdade volo aseguro: o que lle pidades ó Pai no meu nome, El hávolo dar.
24
Ata agora non pedistes nada no meu nome. Pedide e recibiredes, de xeito que a vosa alegría sexa plena.
25
Díxenvos estas cousas en comparanzas. Vai chegar a hora en que xa non vos falarei en comparanzas, senón que vos falarei do Pai abertamente.
26
Naquel día pediredes no meu nome. E non vos digo que eu rogarei por vós ó Pai,
27
xa que o propio Pai vos ama, pois vós amástesme a min, e crestes que eu saín de Deus.
28
Saín do Pai e vin ó mundo; de novo deixo o mundo e vou onda o Pai.
29
Dixéronlle os seus discípulos: Mira, agora falas claro, sen andar con voltas.
30
Agora sabemos que o sabes todo, e non precisas que ninguén che pregunte: por iso cremos que saíches de Deus.
31
Xesús respondeulles: Agora credes?
32
Mirade, vai chegar a hora, e xa chegou, en que vos espallaredes cada un pola súa banda, e a min deixarédesme só. Aínda que eu non estou só, pois está comigo o Pai.
33
Díxenvos estas cousas para que teñades paz grazas a min. No mundo haberedes ter apertos; pero tede ánimo: eu vencín o mundo.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21