bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 1
Revelation 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 2 →
1
Revelación de Xesús Cristo que Deus lle outorgou, para que el lles mostrase ós seus servos o que ten que acontecer axiña. E fíxoa coñecer, mandándolla polo seu anxo ó seu servo Xoán,
2
que é testemuña da palabra de Deus e do propio testemuño de Xesús Cristo, dicindo canto viu.
3
Benia quen lea e quen escoite esta profecía e faga caso do que nela queda escrito, porque está no seu cumprimento.
4
Eu, Xoán, deséxovos ás sete igrexas de Asia graza e paz de parte do que é, o que era e o que está a vir, de parte dos sete espíritos que están diante do seu trono;
5
e de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro en renacer da morte e soberano dos reis da terra. A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue
6
e que nos converteu nun reino, en sacerdotes para o seu Deus e Pai: a el a gloria e mais o poder polos séculos dos séculos. Amén.
7
Velaquí vén nas nubes, e todo ollo o verá, mesmo aqueles que o traspasaron: por el baterán no peito todas as razas da terra. Certo. Amén.
8
Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén.
9
Eu, Xoán, voso irmán e compañeiro no sufrimento, no reino e na esperanza en Xesús, estaba na illa chamada Patmos, por cousa da palabra de Deus e do testemuño de Xesús.
10
Caín en arroubo o día do Señor e oín detrás miña un berro forte, coma dunha trompeta,
11
que dicía: "o que vas ver escríbeo nun libro e mándallelo ás sete igrexas: á de Éfeso, á de Esmirna, á de Pérgamo, á de Tiátira, á de Sardes, á de Filadelfia e á de Laodicea".
12
E dei a volta para ver de quen era a voz que me falaba e, ó virar, vin sete candelabros de ouro
13
e no medio dos candelabros unha figura humana vestida cunha túnica talar e cunha faixa de ouro cinguida á altura do peito.
14
A súa cabeza e os seus cabelos eran brancos coma a lá branca, coma a neve; e os seus ollos, coma chama de lume;
15
os seus pés semellantes ó metal, cando se pon roxo na forxa; o seu falar, coma o bruído do mar.
16
Na man dereita tiña sete estrelas e da boca saíalle unha espada de dous fíos ben afiada. A cara resplandecíalle coma o sol cando dá con toda a súa forza.
17
O velo, caín ós seus pés coma morto. Pero el puxo a súa man dereita sobre min e díxome: "Non teñas medo. Eu son o Primeiro e o Ultimo,
18
o que vive; estiven morto pero repara en que estou vivo polos séculos dos séculos e teño as chaves da Morte e do lugar dos mortos.
19
Escribe, logo, todo o que ves, o que hai e o que ha vir despois disto.
20
O segredo misterioso das sete estrelas que ollas na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro é este: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas e os sete candelabros son as sete igrexas.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22