bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 6
Revelation 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 7 →
1
E mirei, cando o Año abriu o primeiro dos sete selos e oín que un dos catro animais berraba con voz de trebón: "Ven".
2
E mirei e vin un cabalo branco. O seu cabaleiro tiña un arco. Déuselle unha coroa e saíu coma vencedor e para seguir vencendo.
3
E cando abriu o segundo selo, oín que o segundo animal dicía: "Ven".
4
E saíu outro cabalo vermello. O seu cabaleiro déuselle poder de quitar a paz da terra e facer que se degolen uns ós outros e déuselle tamén unha espada grande.
5
E cando abriu o terceiro selo, oín que o terceiro animal dicía: "Ven". E mirei e vin un cabalo negro. O seu cabaleiro tiña unha balanza na man.
6
E oín algo, coma se fose un berro, no medio dos catro animais, que dicía: "Un cuarto de ferrado de trigo por un denario; e tres cuartos de ferrado de cebada por un denario! Pero ó aceite e ó viño non lles fagas mal".
7
E cando abriu o cuarto selo, oín a voz do cuarto animal, que dicía "Ven".
8
E mirei e vin un cabalo cardoso. O seu cabaleiro chámase Morte e seguíao o Hades. Déuselle o poder sobre a cuarta parte da terra, para matar coa espada, coa fame, co andazo e coas feras da terra.
9
E cando abriu o quinto selo, vin baixo o altar as ánimas dos degolados por mor da palabra de Deus, e por gardaren ben o seu testemuño.
10
E a grandes berros preguntaron: "Ata que día, noso Dono santo e verdadeiro tardarás en facer xustiza e en vingar o noso sangue contra os veciños da terra?"
11
Déuselles cadanseu vestido branco e díxoselles que parasen unha miga, ata que se completase o número dos seus compañeiros e irmáns, que os ían matar axiña como os mataran a eles.
12
E vin, cando abriu o sexto selo, que houbo un gran terremoto. O sol virou mouro coma un pano de picote e a lúa volveuse en sangue.
13
As estrelas do ceo caeron na terra, como a figueira solta os seus figos, cando zorrega nela un gran vento.
14
O ceo retirouse coma un rolo de pergamiño cando se recolle, e todos os montes e illas se moveron do seu posto.
15
Os reis da terra, e os seus grandes, os xenerais, os ricos, os fortes e todos, servos e libres, agacháronse nas covas e entre os penedos dos montes.
16
E dicíanlles ós montes e ós penedos: "Caede enriba de nós e ocultádenos da presenza do que está sentado no trono e da ira do Año!
17
Porque chegou o día grande da súa ira e quen o poderá aturar?"
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22