bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 4
Revelation 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 5 →
1
Despois disto mirei e vin unha porta aberta no ceo; e a primeira voz, que oíra coma unha trompeta, falando comigo, dicíame: "Sube aquí que che vou amosar o que ten que acontecer despois disto".
2
Axiña caín en arroubo. E velaquí un trono posto no ceo e un sentado no trono.
3
A fasquía do que estaba sentado era coma a pedra de xaspe e de sardónica e cunha aureola arredor do trono, semellante ó aspecto da esmeralda.
4
Arredor do trono vin vinte e catro tronos e, sentados nos tronos, vinte e catro anciáns, vestidos de roupas brancas e coroas de ouro nas súas cabezas.
5
Do trono saían lóstregos, berros e trebóns. Sete fachos de lume ardían diante do trono, que son os sete espíritos de Deus.
6
Había diante do trono coma un mar transparente, semellante ó cristal. E diante do trono e arredor do trono, catro animais, cheos de ollos por diante e por detrás.
7
O primeiro animal, igual ca un león; o segundo, semellante a un xato; o terceiro, tiña a cara coma de home; e o cuarto, semellante a unha aguia voando.
8
E cada un destes catro animais tiña seis ás, cheas de ollos en todo o arredor e por fóra. Non tiñan acougo nin de día nin de noite, proclamando: "Santo, Santo, Santo, Señor Deus, que todo o sostén, o que era, o que é e o que está a vir".
9
E cada vez que lle daban gloria, honra e grazas a quen está sentado no trono, que vive polos séculos dos séculos,
10
os vinte e catro anciáns axeonllábanse ante o que está sentado no trono e adoraban o que vive polos séculos dos séculos e botaban diante do trono as súas coroas, dicindo ó mesmo tempo:
11
"Merecente es, noso Señor e Deus, de recibir gloria, honra e poder, porque ti es quen o creaches todo: pola túa vontade existe e foi creado".
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22