bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 20
Revelation 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 21 →
1
Logo vin que outro anxo baixaba do ceo, coa chave do abismo e unha cadea grande na man.
2
Con ela amarrou forte ó dragón, serpe antiga, que é Satán e Satán, e encadeouno para mil anos.
3
Botouno no abismo e pechou e púxolle selo á pechadura diante do dragón para que xa non extravíe máis as nacións ata que se cumpran os mil anos; despois hano soltar unha miguiña de tempo.
4
Logo vin uns tronos. Os que sentaban neles déuselles o poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mais as dos que non se prostraron para adorar a besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos.
5
O resto dos mortos non volveron á vida ata completaren os mil anos: esta é a primeira resurrección.
6
Benaventurado e santo o que participa nesta primeira resurrección! Sobre eles non ten poder a morte segunda: serán sacerdotes de Deus e de Cristo e reinarán con El mil anos.
7
Cando se completen os mil anos, Satán vaise ver ceibe da súa cadea
8
e sairá para engaiolar os xentís das catro esquinas do mundo, a Gog e a Magog, para os xuntar para a guerra. O número destes é coma o das areas do mar.
9
Subiron por todo o ancho do mundo e rodearon o campamento dos santos e mais a cidade amada. Pero baixou do ceo lume e consumiunos.
10
E, despois de os engaiolar, ó demo botárono na lagoa de lume e xofre, onde xa estaban a besta e mais o falso profeta. Alí hanos castigar día e noite polos séculos dos séculos.
11
Logo vin un gran trono branco e vin quen estaba nel sentado: da súa presenza fuxiron o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro.
12
Logo vin os mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono; e abríronse uns libros. Abriuse tamén outro libro, o libro da vida é ós mortos xulgáronos polo escrito nos libros, conforme as súas obras.
13
O mar entregou os mortos que nel había; e a Morte e o Hades entregaron os mortos que neles había; e a cadaquén xulgárono polas súas obras.
14
A Morte e ó Hades botáronos na lagoa de lume. Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume.
15
A quen non apareceu inscrito no libro da Vida botárono na lagoa do lume.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22