bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 12
Revelation 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 13 →
1
E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas.
2
Estaba embarazada e berraba cos retorzóns e as dores do parto.
3
Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez cornos e nas cabezas sete diademas.
4
Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese.
5
Tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a todas as nacións. Pero Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono.
6
E a muller fuxiu para o deserto, onde lle tiña Deus un lugar axeitado para a manter alí mil douscentos sesenta días.
7
E produciuse unha guerra no ceo; Miguel e os seus anxos combateron contra o dragón. O dragón combatía cos seus anxos,
8
pero non lles puido; e para eles xa non houbo lugar no ceo.
9
Deus botou do ceo ó gran dragón, serpe antiga, chamado Satán e Satán, o que fai extraviar a todos os homes: botouno á terra; e ós seus anxos con el.
10
E oín un gran berro no ceo, que dicía: "Arestora chegou a vitoria, o poder, e o reino do noso Deus, así coma a soberanía do seu Mesías. Porque expulsaron o acusador dos nosos irmáns, o que os acusaba diante do noso Deus, día e noite.
11
Pero eles vencérono grazas ó sangue do Año, e pola forza do testemuño que deron, e porque quixeron máis morrer que vivir neste mundo.
12
Por iso alegrádevos, ceos, e os que vivides neles! Pobre terra e pobre mar! Porque baixou Satán onda vós. Baixou adoecido porque sabe que ten pouco tempo".
13
E cando o dragón se decatou de que o botaran para a terra, perseguiu á muller que dera á luz o meniño.
14
Pero Deus deulle á muller as dúas ás da gran aguia, para que fose voando ata o deserto, o seu lugar; e dáselle a mantenza alí, lonxe da presenza da serpe durante un tempo, dous tempos e medio tempo.
15
A serpe botou pola boca auga, coma un río, detrás da muller, para envolvela na corrente do río.
16
Pero a terra acudiu en axuda da muller: abriu a terra a súa boca e zugou o río, que o dragón botara pola boca.
17
Enrabexou o dragón contra a muller e foille facer a guerra ó resto da familia dela: ós que gardan os mandamentos de Deus e manteñen firme o testemuño de Xesús.
18
Detívose na area da beira do mar.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22