bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 22
Revelation 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
1
Daquela mostroume un río de auga vivificadora, clara coma un cristal, que saía do trono de Deus e do Año.
2
Contra do medio da rúa principal da cidade, a unha e outra beira do río, había unha árbore da vida, que dá doce colleitas por ano, unha cada mes e as follas destas árbores son boas para curar as nacións.
3
Alí endexamais non haberá nada maldito. Nela estará o trono de Deus e mais do Año; e será alí onde os seus servidores o servirán.
4
Verano cara a cara e levarán o seu nome escrito na fronte.
5
Alí endexamais non haberá noite nin precisarán da luz da lámpada nin da luz do sol, porque o Señor Deus será a luz que os alumee e eles serán reis polos séculos dos séculos.
6
Logo díxome: "Estas palabras merecen fe e son verdadeiras, pois o Señor, o Deus que inspira os profetas, mandou o seu anxo, para que lles amosase ós que o serven as cousas que han acontecer axiña.
7
Mira que veño de seguida. Benia o que fai caso ás profecías que están neste libro".
8
Eu Xoán, son o que oín e vin todo isto. Cando o acabei de oír e ver, prostreime en adoración ós pés do anxo que mo amosaba.
9
Pero el díxome: "Non, iso non! Eu son compañeiro de servizo teu e dos teus irmáns os profetas e dos que fan caso das palabras deste libro: adorar, adora a Deus".
10
E díxome: "Non gardes en secreto a mensaxe profética deste libro, que o intre do seu cumprimento está a chegar.
11
Quen fai mal, que o siga facendo; o que é impuro, que siga na impureza; o que é honrado, que siga actuando honradamente; o de conciencia limpa, que a siga mantendo limpa.
12
Mira que vou chegar axiña e traio comigo a miña paga, para lle pagar a cada un conforme o seu traballo.
13
Eu son o Alfa e o Omega, o Primeiro e o Ultimo, o Principio e a Fin.
14
Benia os que teñen lavada a súa roupa, para teren dereito á árbore da vida e a entraren polas portas da cidade.
15
Fóra quedarán os cans, os bruxos, os luxuriosos, os asasinos, os idólatras, e todo o que é amigo das mentiras e fai trampas.
16
Eu, Xesús, mandeivos o meu anxo, para que vos dese testemuño de todo isto que se refire ás igrexas. Eu son o renovo e a descendencia de David, o luceiro brillante da mañá".
17
O Espírito e a esposa din: "Ven". Quen escoita, que diga: "Ven". Quen teña sede, que veña; o que queira, que colla de balde auga da vida.
18
A todo o que escoite as profecías deste libro declárolle que, se alguén engade algo ó aquí escrito, Deus mandaralle as pragas escritas neste libro.
19
E se alguén quita algo do contido neste libro profético, Deus quitaralle a súa participación da árbore da vida e da cidade santa, descritas neste libro.
20
Quen testemuña estas cousas, di: "Si, veño axiña". Amén! Ven, Señor Xesús!
21
A graza do Señor Xesús vos acompañe a todos!
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22