bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 7
Revelation 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 8 →
1
Despois disto vin catro anxos que apreixaban, nas catro esquinas da terra, os catro ventos, para que non bourasen contra a terra, nin contra o mar nin contra as árbores.
2
E vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de danar a terra e o mar:
3
"Non lles fagades mal á terra nin ó mar nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!".
4
E oín o número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro mil, marcados de entre todas as tribos dos fillos de Israel.
5
Da tribo de Xudá, doce mil marcados, da tribo de Rubén, doce mil marcados, da tribo de Gad, doce mil marcados,
6
da tribo de Axer, doce mil marcados, da tribo de Naftalí, doce mil marcados, da tribo de Menaxés, doce mil marcados,
7
da tribo de Simeón, doce mil marcados, da tribo de Leví, doce mil marcados, da tribo de Isacar, doce mil marcados,
8
da tribo de Zebulón, doce mil marcados, da tribo de Xosé, doce mil marcados, da tribo de Benxamín, doce mil marcados.
9
Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.
10
Proclamaban con grande voz: "A salvación perténcelle ó noso Deus, que senta no trono, e mais ó Año".
11
Todos os anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, prostráronse diante do trono para adoraren a Deus.
12
Proclamaban: "Amén! A bendición, a gloria, a sabedoría, a acción de grazas, a honra, o poder e mais a forza perténcenlle ó noso Deus, polos séculos dos séculos. Amén".
13
Un dos anciáns preguntoume: "Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos de roupa branca?"
14
Eu respondinlle: "Meu Señor, ti xa o sabes". E díxome: "Estes son os que veñen de pasar as súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.
15
Por iso están diante do trono de Deus, e adórano día e noite no seu santuario. E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles.
16
Non terán máis fame nin sede, nin caerá endexamais sobre eles o sol, nin ningunha queimadura del.
17
Porque o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor, levaraos ás fontes de auga e Deus enxugará dos seus ollos toda bágoa".
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22