bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 21
Revelation 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 22 →
1
Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran; e o mar xa non existía.
2
Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo.
3
E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: "Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro.
4
Enxugará todas as bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa".
5
O que estaba sentado no trono dixo: "Vede que volvo novas todas as cousas". E mandóuseme: "Escribe, porque estas palabras merecen fe e din a verdade".
6
E seguiu dicindo: "Xa están renovadas: eu son o Alfa e o Omega, o Principio e a Fin. A quen teña sede, heille dar de beber gratis auga das fontes da vida.
7
O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el o seu Deus e el será para min o meu fillo.
8
Os covardes na loita, os que negan a fidelidade que prometeron, os corrompidos con abominacións, os asasinos, os luxuriosos, os bruxos, os idólatras e os que fían en mentiras, terán por lote a lagoa de xofre ardendo: que é a morte segunda".
9
Logo veu un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas cheas das sete derradeiras pragas e falou comigo, dicindo: "Ven acó, que che vou amosar a noiva, a esposa do Año".
10
Levoume en espírito á cima dun monte moi grande e alto e amosoume a cidade santa, Xerusalén, que baixaba do ceo de onda Deus;
11
tiña a gloria do mesmo Deus. O seu resplandor imitaba o dunha pedra moi preciosa, unha pedra cristalina de xaspe.
12
Tiña unha muralla grande e alta con doce portas de entrada; e enriba das portas doce anxos; e escritos nelas os seus nomes, que son os das doce tribos de Israel:
13
tres portas polo Nacente, tres portas polo Norte, tres portas polo Mediodía e tres portas polo Poñente.
14
A muralla da cidade tiña doce alicerces e sobre os alicerces, doce nomes, que son os dos doce Apóstolos do Año.
15
O que falaba comigo tiña consigo unha canivela de ouro, para medir a cidade coas súas portas e murallas.
16
A cidade era cadrada, tan longa coma ancha. Tomoulle a medida coa súa canivela: tiña doce mil estadios; longo, ancho e alto eran iguais.
17
Tomoulle a medida ó muro: tiña cento corenta e catro cóbados, medida normal de home, que usou o anxo.
18
O material do muro era xaspe e o material da cidade era ouro puro, semellante ó cristal purísimo.
19
Os alicerces da muralla da cidade estaban con toda clase de pedras preciosas: os primeiros alicerces eran de xaspe, os segundos de zafiro, os terceiros de calcedonia, os cuartos de esmeralda,
20
o quinto de sardónix, o sexto de cornalina, o sétimo de crisólito, o oitavo de berilo, o noveno de topacio, o décimo de ágata, o undécimo de xacinto e o duodécimo de ametista.
21
As doce portas eran doce perlas, cada unha das portas era dunha soa perla. A praza da cidade era de ouro, puro coma cristal relucente.
22
Nela non vin santuario ningún, porque o seu santuario é o Señor Deus, que todo o sostén, e mais o Año.
23
A cidade non precisa sol nin lúa que a ilumine, que a ilumina a gloria de Deus; e o Año é a súa lámpada.
24
Os xentís pasearán á súa luz e os reis da terra aportarán a ela a súa gloria.
25
As portas endexamais non se pecharán de día, que noite alí non a hai.
26
Alí levarán o esplendor e mais as riquezas das nacións;
27
pero endexamais non entrará nela nada lixado nin ningún idólatra, ou mentireiro: só os que están inscritos no libro da vida, que ten o Año.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22