bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 18
Revelation 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 19 →
1
Despois disto vin outro anxo baixar do ceo. Tiña gran poder e a terra quedou iluminada coa súa gloria.
2
Berrou con voz poderosa: "Caeu, caeu Babilonia, a grande, volveuse morada de demos, cova de todo espírito impuro, niño de todo paxaro impuro e noxento.
3
Porque do viño rabioso da súa prostitución beberon todas as nacións, e os reis da terra andaron a fornicar con ela, e co exceso do seu luxo enriquecéronse os traficantes da terra".
4
Logo oín outra voz que viña do ceo e dicía: "Saíde dela, meu pobo, para non terdes parte nos seus pecados, e para que non vos toquen os seus castigos.
5
Os seus pecados fóronse amoreando ata o ceo, e Deus recordou as súas iniquidades.
6
Pagádelle coa mesma moeda que ela pagou; aínda mais, dobrádelle as que ela fixo: coa cunca onde ela remexeu a mestura, remexédelle o dobre para ela;
7
canta gloria e praceres ela tivo, dádelle outro tanto en tormentos e loito. Porque ela di para si: Estou sentada nun trono de raíña, e nin estou viúva, nin verei o loito.
8
Por isto nun único día hanlle vir as súas pragas: peste, desgraza e fame, e volverase cinsa no lume, porque poderoso é o Señor, o Deus que a condena".
9
Chorarán e botarán as mans á cabeza os reis da terra, os que practicaron a prostitución con ela e que se encheron de pecar con ela, cando vexan o fume da súa queima.
10
Desde lonxe e de pé por medo ó seu castigo, dirán: "Pobre, pobre da gran cidade de Babilonia!, Pobre Babilonia, cidade poderosa! Que logo chegou a túa condenación!".
11
Tamén choran e fan o pranto por ela os traficantes do mundo, porque xa ninguén lle compra a súa mercadoría:
12
A carga de ouro e de prata, de pedras preciosas e perlas, de liño puro, de púrpura, de seda e de escarlata; de todas as madeiras nobres; de todos os obxectos de marfil e de pedras preciosas, de bronce, de ferro e de mármore;
13
As cargas de canela e de perfumadas unturas, de pos perfumados, de mirra, de incenso, de viño, de aceite, de flor de fariña e de trigo, rabaños de vacas e ovellas, cabalos, carros, escravos e homes para a venda.
14
Os froitos maduros da túa cobiza fuxiron de ti. E todo o ben cebado e brillante perdeuse para ti, e xa non volverá endexamais.
15
Os traficantes destas cousas, que se enriqueceron a costa dela, estarán de pé desde lonxe, por medo ó seu castigo. Chorando e laiando
16
dirán: "Ai! Pobre gran cidade vestida de liño fino, de púrpura e escarlata, adornada de ouro, de pedras preciosas e de perlas!
17
Porque nun virar da man quedou erma tanta riqueza". E todos os patróns e pasaxeiros que navegan, os mariñeiros e cantos traballan no mar, quedaron de pé, desde lonxe;
18
e, mirando para o fume da queima, comezaron a berrar, dicindo: "Que cidade houbo semellante á gran cidade?"
19
Logo, botaron terra nas súas cabezas e, entre choros e laios, berraron: "Ai! Pobre gran cidade coa que se fixeron ricos todos os que teñen barcos no mar, á costa da súa fartura! Nun virar da man quedou erma.
20
Alégrate, ceo, por causa dela! E vós, os santos, os apóstolos e os profetas, alegrádevos! Porque Deus volveu contra ela a sentencia que un día ela lanzara contra vós".
21
Entón un anxo forte ergueu unha pedra coma unha grande moa de muíño e botouna no mar dicindo: "Con forza coma esta han botar a Babilonia, a gran cidade, e non a atoparán máis.
22
A música dos citaristas e dos músicos, a melodía dos frautistas e dos trompetistas xa non se oirá máis en ti; e artesán ningún, de calquera oficio que for, non o haberá máis en ti; e o ruído da moa do muíño non se volverá sentir máis en ti;
23
e a luz do farol non volverá brillar máis en ti, e as palabras amorosas do esposo e da esposa non se oirán máis en ti: Porque, sendo os teus traficantes os máis grandes de todo o mundo, todas as xentes se perderon coas túas bruxerías;
24
e en ti atopouse sangue dos profetas e do pobo santo, e o de todos os que foron inmolados no mundo".
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22