bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 5
Revelation 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 6 →
1
E vin na dereita do que estaba sentado no trono un libro escrito por fóra e por dentro, pechado con sete selos.
2
E vin un anxo forte, que clamaba con gran voz: "Quen pode abrir o libro e desenlear os seus selos?"
3
E ninguén no ceo nin na terra nin debaixo da terra, daba aberto o libro nin lido nel.
4
E eu choraba moito, porque non se atopaba ninguén digno de abrir o libro nin de ler nel.
5
Pero díxome entón un dos anciáns: "Non chores, velaquí o león da raza de Xudá e rebento da raíz de David: venceu, e deste xeito pode abrir o libro e os seus sete selos".
6
E vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus, mandados a toda a terra.
7
O Año achegouse ó trono e recibiu o libro da man dereita de quen está sentado no trono.
8
Cando o colleu, os catro animais e os vinte e catro anciáns axeonlláronse diante do Año, con cadansúa cítara e con frascos de ouro cheos de perfumes, que son as oracións do pobo santo.
9
E cantaban un canto novo: "Ti es merecente de recibir o libro, e de abrir os selos, porque te degolaron e adquiriches para Deus co teu sangue xentes de toda raza, lingua, pobo e nación.
10
E fixeches deles un reino de sacerdotes para o noso Deus e reinarán na terra".
11
E vin e oín a voz de moitos anxos arredor do trono e dos animais e dos anciáns: o número deles era de milleiros e milleiros.
12
Proclamaban con forte voz: "Merecente é o Año, por estar degolado, de recibir o poder, a riqueza, a sabedoría, a forza, a honra, a gloria e a bendición".
13
E oín que todas as criaturas que están no ceo e na terra e debaixo da terra e enriba do mar e todas as cousas que hai nelas, proclamaban: "Para quen está sentado no trono e para o Año: a bendición, a honra, a gloria e o poder polos séculos dos séculos".
14
E os catro animais dicían: "Amén" e os anciáns caeron en adoración.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22