bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 16
Revelation 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 17 →
1
Logo oín un berro que desde o santuario lles dicía ós sete anxos: "Ide e vertede sobre a terra as sete cuncas da ira de Deus!".
2
E saíu o primeiro e verteu a súa cunca na terra; e unhas chagas malignas e dolorosas aparecéronlles ós homes que tiñan a marca da besta e mais ós que se prostraban para adorar a súa imaxe.
3
Logo, o segundo, verteu a súa cunca no mar, que se volveu sangue, coma o sangue dun morto, e morreu canto ser vivo se atopaba no mar.
4
Despois, o terceiro, verteu a súa cunca nos ríos e nas fontes das augas; e volvéronse sangue.
5
Entón oínlle dicir ó anxo das augas: "Xusto es ti, que es e que eras, o Santo. Xustiza fas ó sentenciares deste xeito,
6
porque verteron sangue de santos e de profetas e por iso lles deches tamén a beber sangue. Tíñano ben merecido!".
7
Entón oín que desde o altar dicían: "Si, Señor Deus, que todo o sostés, verdadeiras e xustas son as túas sentencias".
8
Logo, o cuarto, a quen se lle deu o poder de abrasar coa calor ós homes, verteu a súa cunca no sol.
9
Os homes sufriron unha gran queimadura e comezaron a xurar contra o nome de Deus, que tiña na súa man o poder sobre estas pragas; pero non cambiaron os seus pensamentos para lle daren gloria a Deus.
10
Despois, o quinto, verteu a súa cunca no trono da besta e o seu reino quedou cuberto de tebras. Coa dor comezaron a morder as propias linguas
11
e a xurar contra o nome do Deus do ceo polas súas dores e chagas; pero non se arrepentiron das súas obras.
12
Logo, o sexto, verteu a súa cunca no gran río, o Éufrates, e comezou a estiñar a auga para axeitarlles así o camiño ós reis do Nacente.
13
Despois vin saír da boca do dragón, da boca da besta e mais da boca do falso profeta, tres espíritos inmundos semellantes a sapos;
14
son os espíritos dos demos que fan prodixios e van onda os reis de toda a terra, para xuntalos para a guerra do día grande do Deus que todo o sostén.
15
"Mira que veño coma un ladrón. Benia o que vixía e garda a roupa para non andar espido e que non lle vexan as súas vergonzas".
16
Efectivamente, os espíritos xuntáronos no lugar que en hebreo se chama Harmaguedón.
17
Logo o sétimo verteu a súa cunca no aire e entón saíu un berro do santuario, de onda o trono, que dicía: "Xa está!".
18
Entón apareceron lóstregos, berros e trebóns e houbo un terremoto tan grande como endexamais non o houbo de que hai homes sobre a terra: tan forte foi aquel gran terremoto.
19
Deste xeito, a gran cidade partiu en tres anacos, as cidades dos xentís viñéronse abaixo e á gran Babilonia chamárona perante Deus para lle dar a cunca do viño da súa fervente ira.
20
E todas as illas fuxiron e xa non se atoparon os montes.
21
Logo caeu do ceo enriba dos homes un gran pedrazo, de pedras case de corenta quilos; e os homes xuraban contra Deus pola praga do pedrazo, porque esta praga foi terrible.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22