bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 9
Revelation 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 10 →
1
Logo tocou o quinto anxo e vin que unha estrela caía do ceo na terra. Déuselle a ela a chave do pozo do abismo;
2
ela abriuno e subiu do pozo coma unha fumeira dun gran forno: escureceuse o sol e mais o aire por cousa da fumeira do pozo.
3
Logo saíron da fumeira saltóns pola terra. Déuselles poder, coma o que teñen os alacráns da terra;
4
e díxoselles que non danasen nin a herba dos campos nin verde ningún nin árbore ningunha senón unicamente os homes que non tivesen o selo de Deus na testa.
5
Encargóuselles que non os matasen senón que os atormentasen por cinco meses: o tormento deles era coma o tormento do alacrán, cando pica no home.
6
Naqueles días os homes procurarán a morte e non a atoparán, desexarán morrer, pero a morte fuxirá deles.
7
Os saltóns semellaban cabalos aparellados para a guerra: tiñan nas cabezas coma unhas coroas que parecían de ouro e as caras coma as caras dos homes;
8
tiñan os cabelos coma cabelos de mulleres e os dentes eran coma os dos leóns;
9
tiñan unhas coirazas como coirazas de ferro e o zoar das súas ás era coma estrondo de carros e de moitos cabalos correndo para a guerra;
10
tiñan rabos e aguillóns semellantes ós dos alacráns e nos seus rabos tiñan o poder de danar os homes por cinco meses.
11
Teñen un rei que os dirixe: o anxo do abismo, que en hebreo se chama Abaddón e en grego Apolión, o Estragador.
12
O primeiro Ai! pasou, pero despois deste aínda virán dous Ais! máis.
13
Logo tocou o sexto anxo e oín unha voz, que viña dos cornos do altar de ouro, que está diante de Deus.
14
Dicíalle ó sexto anxo, que tiña a trompeta: "solta os catro anxos, que están presos onda o gran río, o Éufrates".
15
E quedaron soltos os catro anxos, que estaban aparellados para mataren a terceira parte dos homes naquela hora, día, mes e ano.
16
O número da tropa de cabalería era de douscentos millóns; eu mesmo oín o número.
17
E nesta visión os cabalos e os seus cabaleiros aparecían deste xeito: tiñan coirazas da cor do rescaldo, violáceo e marelo de xofre; as cabezas dos cabalos eran coma as cabezas dos leóns e da boca saíalles lume, fumeira e xofre.
18
Unha terceira parte dos homes quedaron mortos con estas tres pragas: co lume, coa fumeira e co xofre que saía da boca dos cabalos.
19
Porque estes cabalos tiñan o poder na boca e no rabo, pois os rabos, semellantes a cobras, remataban en cabezas e con elas facían mal.
20
Quedou un refugallo de homes, que nin con estas pragas morreron nin se arrepentiron do culto dos deuses falsos. Non deixaron de adorar os demos e as imaxes de ouro, de prata, de bronce, de pedra e de madeira, que nin poden ollar nin oír nin camiñar.
21
Non se arrepentiron dos seus homicidios nin das bruxerías nin da prostitución nin dos roubos.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22