bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 14
Revelation 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 15 →
1
Logo tiven unha visión. O Año estaba de pé no monte de Sión e con el cento corenta e catro mil, que tiñan escrito nas súas frontes o nome do Año e mais o nome do seu Pai.
2
E oín unha voz desde o ceo coma o bruído dunha gran tormenta de auga e tronos; a voz que oín semellaba a duns arpistas, floreando nas súas arpas.
3
Cantaban un cántico novo diante do trono e mais diante dos catro animais e dos anciáns. E ninguén podía aprender o seu canto, fóra dos cento corenta e catro mil, os que foran rescatados da terra.
4
Estes son os que non se lixaron con mulleres, os que son virxes. Estes son os que acompañan o Año a onde el vaia. Estes foron mercados entre os homes, coma ofrenda de primicias para Deus e para o Año.
5
E na boca deles endexamais non se atopou mentira: son inmaculados.
6
E vin outro anxo voando polo medio do ceo: levaba unha boa nova eterna para pregoárllela ós habitantes da terra, a todas as nacións, razas, linguas e pobos.
7
Dicía a berros: "Respectade a Deus, dádelle gloria! Porque xa chegou a hora do seu xuízo; e adorade o Creador do ceo e da terra, do mar e das fontes das augas".
8
E outro anxo, o segundo, viña despois dicindo: "Caeu, caeu a grande Babilonia!, que ten borrachas a todas as nacións co viño do furor das súas fornicacións".
9
E outro anxo, o terceiro, viña detrás deles, dicindo a berros: "Se alguén adora a besta ou a súa imaxe e recibe o sinal dela na súa fronte ou na súa man,
10
este tal beberá do viño da ira de Deus: viño puro, vertido na cunca da súa ira, e será atormentado con lume e xofre na presenza dos santos anxos e do Año.
11
O fume que os atormenta sobe polos séculos dos séculos e os adoradores da besta e mais da súa imaxe e os que reciben a marca do seu nome, non teñen acougo nin de día nin de noite.
12
Aquí está a esperanza dos santos, dos que observan os mandamentos de Deus e gardan a fe de Xesús".
13
E oín unha voz do ceo que me dicía: "Escribe: Benia os mortos que, de agora en diante, morran no Señor. Si di o Espírito, que descansen das súas fatigas, porque as súas obras van con eles".
14
Logo tiven unha visión. Apareceu unha nube branca, e sobre a nube un cabaleiro semellante a un Fillo de home, cunha coroa de ouro na cabeza e na man unha fouce ben afiada.
15
Outro anxo saíu do santuario, berrándolle con fortes berros ó cabaleiro da nube: "Agarra a túa fouce e sega que xa chegou o tempo da seitura: a colleita da terra xa está seca".
16
O cabaleiro da nube botou a súa fouce no mundo e fíxose a seitura.
17
Logo outro anxo saíu do santuario celeste, tamén el cunha fouce ben afiada.
18
Despois de onda o altar saíu outro anxo, o que tiña poder sobre o lume, e chamou a berros ó que tiña a fouce ben afiada e díxolle: "Mete a túa fouce ben afiada e vendima os acios da viña da terra, porque os bagos están maduros de máis".
19
E meteu o anxo a súa fouce na viña do mundo e vendimouna e botou os acios na moxega grande da ira de Deus.
20
E pisouse a moxega fóra da cidade e saíu sangue da moxega ata os freos dos cabalos, sesenta leguas arredor.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22