bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 17
Revelation 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 18 →
1
Logo veu falar comigo un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas e díxome: "Ven acó, que che hei mostrar o xuízo de condenación da gran prostituta que está sentada onda as augas abundantes;
2
foi a prostituta dos reis da terra e co viño da súa fornicación emborracháronse os habitantes da terra".
3
Logo arrebatoume en arroubo ó deserto e vin unha muller montada nunha besta vermella, chea de nomes blasfemos, que tiña sete cabezas e dez cornos.
4
A muller estaba vestida de púrpura e escarlata, adornada de ouro, de pedras preciosas e de perlas; tiña na man unha copa de ouro chea de abominacións e tiña tamén as porcalladas da súa fornicación.
5
Sobre a fronte tiña escrito un nome misterioso: "A gran Babilonia, a nai das prostitutas e das abominacións da terra".
6
Logo vin que a muller estaba borracha do sangue do pobo santo e do sangue dos mártires de Xesús. E, ó mirar para ela, quedei abraiado.
7
E díxome o anxo: "Por que te admiraches? Vouche explicar eu o senso misterioso da muller e da besta que a leva, a das sete cabezas e os dez cornos.
8
A besta que viches existía pero xa non existe, e vai subir do abismo camiño da súa perdición; e os habitantes da terra, que non teñen os seus nomes escritos no libro da vida desde a creación do mundo, hanse admirar ollando que a besta existía, que xa non existe e que volverá aparecer.
9
Para isto cómpre entendemento de sabio: as sete cabezas son sete montes sobre os que está sentada a muller; e tamén son sete reis:
10
cinco deles xa caeron, un aínda reina, o outro aínda non veu e, cando veña, pouco vai durar.
11
A besta, que existía pero xa non existe, é o rei oitavo e ó mesmo tempo é un dos sete; e tamén vai camiño da súa perdición.
12
Os dez cornos que viches, son dez reis, que aínda non recibiron a dignidade de reis; pero han recibir xuntamente coa besta poder coma de reis, anque só por unha hora.
13
Todos eles teñen o único plan de lle daren a súa forza e mais o seu poder á besta.
14
Faranlle a guerra ó Año. Pero o Año venceraos: por algo é Señor de señores e Rei de reis; e tamén os vencerán os chamados, os escolleitos e os fieis que están con El".
15
Logo díxome: "As augas sobre as que viches sentada a prostituta, son pobos e multitudes, nacións e linguas diferentes.
16
Pero os dez cornos que viches e mais a besta aborrecerán a prostituta: deixarana abandonada e espida, comerán a súa carne e volverana cinsa co lume.
17
Pois Deus puxo nos seus corazóns que levasen a cabo o seu plan, un plan común a todos: de lle daren á besta a súa dignidade rexia, ata que teñan cumprimento os decretos de Deus.
18
A muller que viches é a gran cidade, a que reina sobre os reis da terra".
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22