bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 10
Revelation 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 11 →
1
E vin que outro anxo forte baixaba do ceo, envolto nunha nube co arco iris sobre a súa cabeza; o aspecto da súa cara era coma o sol e as pernas coma columnas luminosas.
2
Tiña na man un libriño aberto e puxo o pé dereito no mar e o esquerdo na terra.
3
Berrou con toda a forza, coma o brado do león; e, en berrando, falaron os sete tronos coas súas propias voces.
4
Despois de falaren os sete tronos estaba eu para escribir, pero oín que unha voz desde o ceo me dicía: "Garda en segredo o que falaron os sete tronos e non o escribas".
5
E o anxo, que eu vira afincado no mar e na terra, ergueu a súa man dereita cara ó ceo
6
e xurou por aquel que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e canto hai nel, a terra e canto hai nela, o mar e canto hai nel: "xa non haberá máis demora!;
7
pero nos días en que apareza a voz do sétimo anxo, cando estea para tocar a trompeta, hase de cumprir o Misterio de Deus, tal como El llelo anunciara, coma boa nova, ós seus servos, os profetas".
8
E a voz que oíra desde o ceo volveu falar comigo para me dicir: "Vai e colle o libriño aberto, que ten na man o anxo que está afincado no mar e na terra".
9
Fun onda o anxo dicirlle que me dese o pequeno libro e el respondeume: "Cólleo e engúleo todo: hache amargar no ventre pero na boca hache ser doce coma o mel".
10
Eu collín o libriño da man do anxo e engulipeino de vez e fíxoseme na boca doce coma o mel, pero de que o comín enchéuseme de amargor o ventre.
11
E dixéronme: "Cómpre que volvas profetizar para moitos pobos, xentes, linguas e reis".
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22