bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 11
Revelation 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 12 →
1
Déuseme unha canivela da feitura dunha vara de medir dicíndome: "Érguete e mide o santuario de Deus e mais o seu altar e mide os que adoran no santuario.
2
Pero o adro que está fóra do santuario, déixao de lado e non o midas, que llelo deron ós pagáns, que pisarán a cidade santa durante corenta e dous meses.
3
Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.
4
Estas son as dúas oliveiras e os dous candelabros, que están ergueitos diante do Señor do mundo.
5
E se alguén lles quere facer mal, sairá das súas bocas lume que devorará os seus inimigos; se alguén lles quixer facer mal, cómpre que morra deste xeito.
6
Eles teñen poder para pechar o ceo, de xeito que non chova durante os días do seu profetizar. Teñen poder de converter a auga en sangue e de castigar a terra con calquera tipo de praga cantas veces queiran.
7
Pero, cando acaben o seu testemuño, a fera que sobe do abismo loitará contra eles, venceraos e mataraos.
8
E os seus cadáveres quedarán na praza da gran cidade, que se chama en linguaxe simbólica Sodoma e Exipto, onde tamén foi crucificado o seu Señor.
9
Xentes de diferentes pobos, tribos, linguas e nacións ollarán para os seus cadáveres durante tres días e medio e non deixarán poñer os cadáveres no sartego.
10
Os habitantes da terra alegraranse e brincarán de alegría e mandaranse regalos uns ós outros, porque aqueles dous profetas atormentaran os habitantes da terra".
11
Despois destes tres días e medio, un espírito vivificador mandado por Deus entrou neles e puxéronse en pé. Os que miraban para eles entroulles un gran medo.
12
E oíron un forte berro que desde o ceo lles dicía: "Subide aquí!". E subiron ó ceo nunha nube, á vista dos seus inimigos.
13
Naquela mesma hora veu un gran terremoto e derrubouse unha décima parte da cidade e morreron no terremoto sete mil homes. Os outros colleron medo e déronlle gloria ó Deus do ceo.
14
O segundo Ai! pasou: o terceiro Ai! velaí vén.
15
Logo tocou o sétimo anxo e oíronse uns fortes berros desde o ceo, que dicían: "O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías! El reinará polos séculos dos séculos".
16
E os vinte e catro anciáns, os que sentan diante de Deus nos seus tronos, prostráronse para adorar a Deus,
17
dicindo: "Dámosche grazas a ti, Señor, Deus que todo o sostén, que es e que eras por asumires o teu grande poder, e comezares a reinar.
18
Anoxáronse contra ti os xentís, pero agora chegou o teu anoxo: é o momento de lles facer xustiza ós que morreron, e de lles dar a paga ós teus servos, os profetas, ó teu Santo pobo e ós que te respectan a ti, ós pequenos e ós grandes, e de esnaquizar os que destrúen o mundo.
19
E abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario. Entón houbo lóstregos, berros, tronos, un terremoto e unha grande sarabiada.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22