bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Revelation 13
Revelation 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 14 →
1
Logo vin subir do mar unha besta con dez cornos e sete cabezas e nos cornos tiña dez diademas e nas cabezas tiña un nome blasfemo.
2
A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.
3
Unha das súas cabezas estaba degolada de morte, pero a súa ferida mortal curou. Todo o mundo se admiraba do que lle sucedera á besta
4
e adorou o dragón, que tal poder lle dera á besta, dicindo: "Quen será coma a besta e quen poderá facer guerra en contra dela?".
5
E déuselle ó dragón unha boca para dicir arrogancias e blasfemias e concedéuselle o poder para facelo ó longo de corenta e dous meses.
6
Abriu a súa boca: para blasfemar contra Deus, para blasfemar contra o seu Nome, contra o seu celeste santuario e contra os que moran nel.
7
Permitíuselle facerlle a guerra ó pobo santo e vencelo; e déuselle poder sobre toda tribo, pobo, lingua e nación.
8
E todos os habitantes da terra, que desde o comezo do mundo non teñen o seu nome escrito no libro da vida do Año que foi degolado, adoraron a besta.
9
Quen teña oídos escoite:
10
Se algún está para a catividade, irá á catividade. Se algún está para morrer coa espada, matarano coa espada. Aquí están a esperanza e mais a fe do pobo santo.
11
Logo vin outra besta que subía da terra: tiña dous cornos semellantes ós do año e falaba coma o dragón.
12
Exerce, baixo a ollada da primeira besta, a súa completa vontade: fai que toda a terra e os seus habitantes adoren a primeira besta, que curara da súa ferida mortal.
13
Realiza grandes milagres, ata chegar a facer baixar lume do ceo á terra, á vista dos homes.
14
Descamiña os habitantes da terra cos milagres que se lle permitiron facer diante da besta, dicíndolles que fagan imaxes en honor da besta, que tiña a ferida da espada pero recobrara a vida.
15
Concedéuselle á segunda besta poder infundir espírito na imaxe da primeira, para facela falar e para que fixese que todos os que non adorasen a imaxe da besta fosen asasinados.
16
A todos, grandes e pequenos, ricos e pobres, libres e servos, ponlles unha marca na man dereita ou na testa
17
e ninguén pode mercar ou vender, se non ten a marca, o nome da besta ou o número do seu nome.
18
Para isto fai falta a sabedoría: quen teña intelixencia, calcule o número da besta, que é número humano e o seu número é seiscentos sesenta e seis.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22