bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 1
Joshua 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 2 →
1
Despois da morte de Moisés, servo de Deus, díxolle o Señor a Xosué, fillo de Nun, servo de Moisés:
2
—"O meu servo Moisés morreu; así que agora, érguete, e pasa o Xordán con todo este pobo, cara ó país que eu lles dou a eles, ós fillos de Israel.
3
Calquera lugar que pise a planta dos vosos pés, volo entrego, tal como lle teño dito a Moisés.
4
Os vosos lindeiros irán desde o deserto e mais o Líbano Leste, ata o Río Grande (o Éufrates), e todo o país dos hititas, ata o Mar Grande, no Occidente.
5
Ninguén se che poderá arrepoñer durante toda a túa vida. Do mesmo xeito que estiven con Moisés, estarei tamén contigo: non te fallarei nin te abandonarei.
6
Se rexo e valoroso, pois ti farás herdar a este pobo a terra que xurei ós seus devanceiros que lles había de dar.
7
Soamente has de ser rexo e afoutado, para cumprir toda a Lei que dispuxo o meu servo Moisés. Non te desvíes dela nin á dereita nin á esquerda, de xeito que teñas boa andanza en todo o que acometas.
8
Endexamais non arredarás da túa boca o libro desta Lei: meditaralo de día e mais de noite, de xeito que cumpras todas as súas prescricións, pois daquela daráseche ben o teu camiño e terás boa andanza.
9
Logo non cho dixen xa?: se rexo e valoroso; non teñas medo nin te empequenezas, pois o Señor, o teu Deus, estará contigo en todo o que acometas".
10
Entón Xosué deu esta orde ós oficiais do pobo:
11
—"Ide polo medio do campamento, e pregoádelle á xente o seguinte: collede provisións, pois dentro de tres días atravesaredes este Xordán, para tomardes posesión da terra que o Señor, o voso Deus, acordou que herdedes".
12
E ós rubenitas, ós gaditas e á media tribo de Menaxés, díxolles Xosué:
13
—"Lembrade aquilo que vos mandou Moisés, servo do Señor: O Señor, o voso Deus, concédevos acougo, dándovos esta terra.
14
As vosas mulleres, os vosos rapaces e mais o voso gando, ficarán xa na terra que vos deu Moisés nesta banda do Xordán; pero vosoutros, todos os guerreiros, pasaredes armados diante de vosos irmáns, e axudarédelos,
15
Ata que o Señor lles dea acougo como a vós, e tomen posesión tamén eles da terra que o Señor, o voso Deus, lles entregou. Daquela, volverdes á terra da vosa herdanza, e tomaredes posesión dela —da que vos deu Moisés, servo do Señor—, na banda oriental do Xordán".
16
Eles respondéronlle a Xosué: "Faremos todo canto nos mandaches, e iremos a onde queira que nos envíes.
17
Do mesmo xeito que obedecemos a Moisés, obedecerémosche a ti; abonda con que o Señor, o teu Deus, estea contigo como estivo con Moisés.
18
Quen—quera que se arrepoña contra as túas decisións, e non escoite as túas palabras todo o que nos mandes, será entregado á morte. Ti soamente se rexo e valoroso".
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24