bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 10
Joshua 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 11 →
1
Cando soubo Adonisédec, o rei de Xerusalén, que Xosué conquistara Ai e a destruíra (como fixera con Xericó e co seu rei, así fixo con Ai e co seu rei), e que os veciños de Gabaón fixeran as paces con Israel, vivindo como estaban no medio deles,
2
colleu moito medo, pois Gabaón era unha gran cidade —como unha das cidades reais—, e porque era maior que Ai e todos os seus homes eran bos guerreiros.
3
E enviou Adonisédec, o rei de Xerusalén, esta mensaxe a Hoham, rei de Hebrón, a Piram, rei de Iarmut, a Iafía, rei de Láquix, e a Debir, rei de Eglón:
4
—"Subide onda min e axudádeme, e destruiremos Gabaón, pois fixo as paces con Xosué e cos fillos de Israel".
5
E reuníronse os cinco reis amorreos —o rei de Xerusalén, o rei de Hebrón, o rei de Iarmut, o rei de Láquix, e o rei de Eglón—, e subiron con todos os seus exércitos, e acamparon diante de Gabaón, e declaráronlle a guerra.
6
Os homes de Gabaón enviaron unha embaixada onda Xosué, ó campamento de Guilgal, para lle dicir: —"Non deixes da túa man ós teus servos: sube axiña onda nós e fai por salvarnos; axúdanos, pois aconchegáronse contra nós todos os reis amorreos que moran nas montañas".
7
E subiu Xosué de Guilgal con todo o seu pobo, todos os guerreiros.
8
E dixo o Señor a Xosué: —"Non lles teñas medo, pois púxenchos na túa man: non quedará vivo un só deles diante de ti".
9
E arremeteu Xosué de súpeto contra eles, despois de camiñar durante toda a noite desde Guilgal.
10
E esnaquizounos o Señor diante de Israel, e bateunos cun grande estrago, en Gabaón; e perseguiunos polo camiño que sobe a Bet—Horón, e mallou neles deica Azecah e deica Maquedah.
11
E, ó fuxiren de diante de Israel, aconteceu que o Señor mandou contra eles grandes petoutos desde o ceo, ata Azecah, e morreron, sendo máis os que morreron polos petoutos, que os que mataron os fillos de Israel pola espada.
12
Entón falou Xosué co Señor naquel día en que entregara os amorreos diante dos fillos de Israel, e dixo en presenza do pobo: —Sol, está quedo en Gabaón; e ti, lúa, no val de Aialón.
13
E parouse o sol e contívose a lúa, ata que se ergueron sobre os xentís, os seus inimigos. E logo non está escrito no libro do Xusto? E estivo parado o sol no medio dos ceos durante todo un día, sen bulir para poñerse,
14
e non houbo nin antes nin despois un día como aquel no que o Señor escoitase así a voz dun home (pois o Señor loitaba do lado de Israel).
15
E Xosué volveu ó campamento —a Guilgal—, e con el todo Israel.
16
Os cinco reis aqueles fuxiron e acocháronse na cova de Maquedah.
17
E anunciáronlle a Xosué: —"Deron cos cinco reis, acochados na cova, en Maquedah".
18
E dixo Xosué: —"Acarrexade pedras grandes ata a boca da cova, e poñede onda ela homes que os vixíen.
19
En canto a vós, non esteades quedos: correde tras dos vosos inimigos e mallade neles; non os deixedes meter nas súas cidades, pois o Señor, o voso Deus, volos puxo nas vosas mans".
20
E resultou que, cando Xosué e mais os fillos de Israel estaban rematando de lles faceren un grande estrago, ata a totalidade deles, os fuxitivos entraron nas cidades de defensa.
21
Todo o pobo volveu en paz ó campamento, onda Xosué, a Maquedah; e ninguén moveu a súa lingua contra os fillos de Israel.
22
Daquela dixo Xosué: —"Abride a boca da cova, e sacádeme para acó a eses cinco reis".
23
E fixérono así: sacaron aqueles cinco reis da cova —o rei de Xerusalén, o rei de Hebrón, o rei de Iarmut, o rei de Láquix e o rei de Eglón—,
24
e, en levándolle aqueles reis a Xosué, chamou Xosué a todos os homes de Israel, e díxolles ós xefes dos guerreiros que ían con el: —"Achegádevos e poñede os vosos pés enriba das gorxas destes reis". E achegáronse e puxeron os seus pés sobre as gorxas deles.
25
E díxolles Xosué: —"Non teñades medo nin vos acovardedes: sede rexos e valorosos, pois así fará o Señor con todos os vosos inimigos que loiten contra vós".
26
Despois disto, golpeounos Xosué ata facelos morrer, e colgounos de cinco árbores, e estiveron pendendo delas ata o serán.
27
Ao se poñer o sol, mandou Xosué que os baixasen das árbores e os botasen na cova onde se acocharan. E puxeron pedras grandes na boca da cova, que quedaron ata o mesmo día de hoxe.
28
E a Maquedah tomouna Xosué aquel día, e pasouna polo gume da espada, xunto co seu rei: destruíunos a eles e mais a todo ser vivo que había nela; non deixou nin rastro e fixo co rei de Maquedah o mesmo que fixera co rei de Xericó.
29
E pasou Xosué, e todo Israel con el, de Maquedah a Libnah, e loitaron contra Libnah.
30
E púxoa tamén o Señor nas mans de Israel, xunto co seu rei, e pasouna polo gume da espada, con todo ser vivo que había nela: non deixou nin rastro; e fixo co seu rei como fixera co rei de Xericó.
31
E pasou Xosué —e todo Israel con el—, de Libnah a Láquix. Acampou enfronte dela, e loitou contra ela.
32
E puxo o Señor a Láquix nas mans de Israel; tomouna o segundo día, e pasouna polo gume da espada, con todo ser vivo que había nela: todo do mesmo xeito que con Libnah.
33
Entón subiu Horam, rei de Guézer, en axuda de Láquix, e bateuno Xosué, a el e mais ó seu pobo, sen deixar rastro del.
34
E pasou Xosué —e todo Israel con el— de Láquix a Eglón, e acamparon enfronte de Eglón e loitaron contra ela.
35
E tomárona naquel día, e pasárona polo gume da espada; e a todo ser vivo que había nela aquel día, exterminárono: todo do mesmo xeito que con Láquix.
36
E subiu Xosué —e todo Israel con el— de Eglón a Hebrón, e loitaron contra ela.
37
Tomárona, e pasárona polo gume da espada, tanto ó seu rei como a toda a cidade e mais a todo ser vivo que había nela. Non deixou nin rastro, todo como fixera con Eglón: exterminouna a ela e a todo ser vivo que había nela.
38
E volveu Xosué —e todo Israel con el— a Debir, e loitou contra ela.
39
E tomouna (ó seu rei e a toda a cidade), e pasounos polo gume da espada, e exterminou a todo ser vivo que había nela. Non deixou nin rastro. Como fixera con Hebrón, así fixo con Debir e co seu rei (o mesmo que fixera con Libnah e co seu rei).
40
Conquistou así Xosué todo o país: a montaña, o Négueb, a Xefelah e mais as vertentes. De todos os seus reis non deixou nin rastro, e exterminou todo ser vivo, tal como mandara o Señor, Deus de Israel.
41
Xosué arrasou desde Cadex—Barnea ata Gaza; e todo o país de Goxén ata Gabaón.
42
Venceu Xosué dunha batida a todos aqueles reis, porque o Señor, Deus de Israel, loitaba do lado de Israel.
43
E tornou Xosué e todo Israel con el ó campamento, a Guilgal.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24