bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 9
Joshua 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 10 →
1
En oíndo isto todos os reis da beira do Xordán, das montañas e da Xefelah e de todas as costas do Mar Grande de fronte ó Líbano —os hititas, os amorreos, os cananeos, os perizitas, os hivitas e os iebuseos—,
2
preparáronse todos á xunta para loitaren contra Xosué e contra Israel, todos eles de acordo.
3
Os veciños de Gabaón oíron o que fixera Xosué con Xericó e con Ai,
4
e actuaron tamén eles con retranca, intentando pasar por mandadeiros. E colleron sacos vellos para os seus asnos, e coiros de viño vellos, e semellaban fendidos e angustiados,
5
con calzados vellos e remendados nos seus pés, e vestindo roupa gastada; e todo o pan do seu fornecemento estaba balorecido e esmigallado.
6
E foron onda Xosué, ó campamento de Guilgal, e dixéronlle a el e mais a todos os homes de Israel: —"Vimos de terra remota, para che pedirmos que fagas un trato connosco".
7
E respondéronlles os homes de Israel ós hivitas: —"Pode que habitedes entre nós, e entón, como imos facer un trato convosco?"
8
Eles dixéronlle a Xosué: —"Somos os teus servos". Daquela, preguntoulles Xosué: —"Quen sodes, e de onde vides"?
9
Respondéronlle: —"Os teus servos veñen dunha terra moi remota, por mor do nome do Señor, o teu Deus, pois chegou ós nosos oídos a súa sona, todo o que fixo en Exipto
10
e o que fixo cos dous reis amorreos da outra banda do Xordán: con Sihón, o rei de Hexbón, e con Og, o rei do Baxán, que vivía en Axtarot.
11
E dixéronnos os anciáns e todos os veciños da nosa terra: collede convosco fornecemento para o camiño e ide ó seu encontro e dicídelles somos os vosos servos. Daquela, facede agora un trato connosco.
12
Velaquí o noso pan, collido quente das nosas casas para o noso fornecemento, o día que saímos para vir onda vós, e agora ben vedes que está balorecido e esmigallado.
13
E estes coiros de viño, novos cando os enchemos, velaquí que romperon: e estes nosos vestidos e calzados volvéronse vellos de tan longo camiño".
14
E colleron os homes de Israel do fornecemento, sen consultaren a palabra do Señor,
15
e fixo con eles Xosué a paz, e conviñeron nun trato verbo da vida deles, e os príncipes da asemblea confirmárono con xuramento.
16
Pero ós tres días de facer o trato con eles, decatáronse de que os tales eran os seus veciños, e que habitaban entre eles.
17
Continuaron camiño os fillos de Israel, e, ó terceiro día, chegaron ás súas cidades. Eran estas Gabaón, Quefirah, Beerot e Quiriat—Iearim.
18
Non obstante, os fillos de Israel non os mataron, pois os príncipes da asemblea xuráranlles polo Señor, Deus de Israel. Entón, toda a asemblea murmurou contra os príncipes.
19
E os príncipes dixéronlle á asemblea: —"Nós xurámoslles polo Señor, Deus de Israel, e agora non podemos tocalos.
20
Pero faremos deste xeito: deixarémolos vivir, e así non virá sobre nós a cólera por mor do xuramento que lles fixemos.
21
Que vivan, e que sexan os cortadores de madeira e carrexadores de auga para toda a asemblea". Así falaron os príncipes.
22
Chamou entón Xosué ós gabaonitas, e díxolles: —"Por que nos traizoaches dese xeito, dicindo somos de moi lonxe de vós, cando estades vivindo entre nós?
23
Agora, malditos seredes, e non deixará de haber entre vós un servo: seredes cortadores de madeira e carrexadores de auga para a casa do meu Deus".
24
Eles respondéronlle: —"Aconteceu que ós teus servos foilles mostrado con claridade o que mandara o Señor, o teu Deus, a Moisés, o seu servo, de darvos todo o país, e de eliminar a todos os veciños do país que vos apareceran diante. Entón trememos de abondo polas nosas vidas por mor de vós, armamos o argallo ese.
25
E agora, velaquí que estamos na túa man: o que mellor e máis xusto che pareza facer connosco, faino".
26
E fixo con eles así: librounos da man dos fillos de Israel, que non os mataron:
27
e asignoulles Xosué no día aquel a carga de cortadores de madeira e carrexadores de auga para a asemblea, e para o altar do Señor no lugar que El escollera, ata o día de hoxe.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24