bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 23
Joshua 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 24 →
1
Moito tempo despois de concederlle o Señor a Israel acougo entre todos os seus inimigos de arredor, resulta que Xosué estaba avellentado, entrado en anos.
2
E convocou Xosué a todo Israel —ós seus anciáns, ós seus xefes, ós seus xuíces e ós seus oficiais—, e díxolles: "Eu volvinme vello, entrado en anos.
3
Vós ben vistes todo o que fixo o Señor, o voso Deus, a todos aqueles pobos xentís de diante de vós, porque o Señor, o voso Deus, loitaba da vosa parte.
4
Ollade ben, eu fixen repartir en herdanza para as vosas tribos aqueles pobos xentís que quedaban xunto con todos os que exterminei, desde o Xordán ata o Mar Grande, no occidente.
5
E o Señor, o voso Deus, rexeitaraos de diante de vós e chimparaos fóra, de xeito que herdedes a súa terra, tal como vos prometera o Señor, o voso Deus.
6
Esforzádevos moito por gardardes e facerdes todo o que está escrito no libro da Lei de Moisés, de xeito que non vos desviedes del á dereita nin á esquerda,
7
nin vos xuntedes cos pobos xentís que quedaron entre vós, nin pronunciedes sequera o nome dos seus deuses, nin xuredes por eles, nin os sirvades, nin vos abatades diante deles;
8
senón máis ben, apegádevos ó Señor, o voso Deus, como fixestes ata o día de hoxe,
9
pois o Señor botou de diante de vós a pobos xentís grandes e poderosos, namentres que ninguén puido resistir diante de vós, ata o día de hoxe.
10
Cada un de vós pode escorrentar a un milleiro, pois o Señor, o voso Deus, loita da vosa parte a carón de vós, tal como vos prometeu.
11
Así que coidade ben de vós mesmos, de xeito que amedes o Señor, o voso Deus,
12
pois se arredar vos arredades del e vos achegades ó resto daqueles pobos xentís que quedaron entre vós, e casades con xente deles e andades con eles e eles convosco,
13
estade seguros de que o Señor, o voso Deus, non volverá botar de diante de vós a aqueles pobos: e eles serán para vós rede e lazo, tralla no voso lombo e espiñas nos vosos ollos, ata que desaparezades desta boa terra que o Señor, o voso Deus, vos entregou.
14
Velaquí que eu estou hoxe para percorrer o camiño de todos. Recoñece con todo o corazón e con toda a alma que non fallou unha soa das promesas que vos fixo o Señor, o voso Deus: todiñas se cumpriron, sen faltar unha.
15
E así como chegaron a cumprirse todas as boas promesas que vos fixera o Señor, o voso Deus, do mesmo xeito fará chegar o Señor sobre vós todas as ameazas, ata chimparvos desta boa terra que vos deu o Señor, o voso Deus.
16
Cando fendades a Alianza que o Señor, o voso Deus, vos estableceu, e vaiades e sirvades a deuses alleos, e vos prostredes diante deles, prenderase a ira do Señor contra vós e desapareceredes axiña desta boa terra que El vos deu".
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24