bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 3
Joshua 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 4 →
1
E Xosué ergueuse de mañanciña, saíu de Xitim, e chegou ata o Xordán, con todos os fillos de Israel; e pasaron a noite alí, antes de atravesaren.
2
O cabo de tres días, pasaron os oficiais polo medio do campamento,
3
e falaron ó pobo deste xeito: —"Cando vexades a Arca da Alianza do Señor, o voso Deus, e os clérigos levitas que a levan, deixade os vosos postos e ide tras dela
4
para coñecer o camiño que seguiredes, pois non o pasastes nunca antes; mais habédesvos de afastar do Señor arredor de mil metros: non vos acheguedes máis".
5
E dixo Xosué ó pobo: —"Purificádevos, pois mañá fará o Señor marabillas no medio de vós".
6
E díxolles ós sacerdotes: —"Collede a Arca da Alianza, e pasade diante do pobo". Eles collérona e foron diante.
7
Dixo o Señor a Xosué: —"Hoxe comezarei a engrandecerte diante de todo Israel, para que se decaten de que estou contigo, como estiven con Moisés.
8
Ti mándalles isto ós sacerdotes que levan a Arca da Alianza: en canto cheguedes a carón das augas do Xordán, detédevos no Xordán".
9
E dixo Xosué ós fillos de Israel: —"Achegádevos aquí e escoitade as palabras do Señor, o voso Deus".
10
E engadiu: —"Nisto coñeceredes que o Deus vivo está entre vós, e que ha de botar de diante de vós ós cananeos, ós hititas, ós hivitas, ós perizitas, ós guirgaxitas, ós amorreos e ós iebuseos.
11
Velaquí que a Arca da Alianza do dono de toda a terra vai pasar o Xordán diante de vós;
12
(e agora, escollede doce homes de entre as tribos de Israel, un por tribo),
13
e, cando as plantas dos pés dos sacerdotes que levan a Arca do Señor —do dono de toda a terra— se pousen nas augas do Xordán, acontecerá que as augas do Xordán quedarán cortadas (as augas que veñen de arriba), e formarán un bloque á parte".
14
E o pobo botou a andar, desde onde tiña as tendas, para pasar o Xordán; e os sacerdotes levaban a Arca da Alianza diante do pobo.
15
E, en chegando ó Xordán os que levaban a Arca e mollárense na ribeira os pés dos sacerdotes que levaban a Arca pois o Xordán enche as súas ribeiras todo o tempo da recolleita,
16
detivéronse as augas do Xordán que viñan de arriba, e erguéronse en bloque á parte moi lonxe, en Adam (a vila que está a carón de Saretán); e as que baixaban cara ó mar da Arabah o Mar do Sal, remataron tamén totalmente cortadas: e o pobo atravesou por fronte de Xericó.
17
E os sacerdotes que levaban a Arca da Alianza do Señor, mantivéronse ergueitos en seco, no medio do Xordán, namentres todo Israel atravesaba polo seco, ata que toda a xente deu pasado o Xordán.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24