bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 13
Joshua 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 14 →
1
E Xosué ía xa vello, eivado cos anos, e díxolle o Señor: —"Ti volvícheste vello, entrado en anos, e queda aínda moita terra por conquistar.
2
Esta é a terra que falta: todo o territorio dos filisteos e todo o país dos guexuritas.
3
Desde Xihor, que está enfronte de Exipto, ata o lindeiro de Ecrón, polo norte —que se ten por cananeo—, os cinco principados dos filisteos: o de Gaza, o de Axdod, o de Axquelón, o de Gad e o de Ecrón, a maiores dos hivitas.
4
Desde o sur, toda a terra dos cananeos, e Mearah —que está a carón dos sidonios—, ata Afec, lindeiro dos amorreos;
5
A rexión guiblita e todo o Líbano polo nacente do sol, desde Baal—Gad —a pé do monte Hermón—, ata a entrada de Hamat;
6
todos os habitantes da montaña, desde o Líbano ata Misrefot—Maim, todos os sidonios. Eu botareinos a todos diante dos fillos de Israel. Ti soamente tes que repartir a terra como herdanza para Israel, segundo che teño mandado.
7
E agora fai as partillas da herdanza para as nove tribos e mais a media tribo de Menaxés.
8
Con estes colleron tamén os rubenitas e os gaditas a súa herdanza, que llela dera Moisés na outra banda do Xordán, no oriente, tal como dispuxera Moisés, servo do Señor.
9
Desde Aroer —que está á beira do torrente Arnón—, e o pobo que está no medio do torrente, e toda a terra cha que vai desde Medeba ata Dibón,
10
e mais todas as cidades de Sihón, rei dos amorreos —que reinou en Hexbón—, ata o lindeiro dos fillos de Amón;
11
Galaad e o territorio dos guexuritas e os macateos, toda a montaña do Hermón e todo o Baxán ata Salcah.
12
No Baxán, todo o reino de Og, que reinou en Axtarot e mais en Edrei, e que era o reducto dos Refaím ata que Moisés os venceu e expulsou.
13
Non obstante, os fillos de Israel non botaron fóra ós guexuritas nin ós macateos, e habitou Guexur e Macat no medio de Israel ata o día de hoxe.
14
Soamente á tribo de Leví non lle deu terra Moisés: a súa herdanza é o lume do Señor, Deus de Israel, tal como El lles prometera.
15
Deu Moisés herdanza á tribo dos fillos de Rubén, de acordo coas súas familias.
16
E os lindeiros deles foron desde Aroer, que está á beira do torrente Arnón, e o pobo que está ó fondo do torrente, toda a terra cha que está a pé de Medebá;
17
Hexbón e todas as súas vilas da terra cha; Dibón, Bamot—Baal, Bet—Baal—Meón,
18
Iahsah, Quedemot, Mefáat,
19
Quiriataim, Sibmah, e Séret—Xáhar, no outeiro do val;
20
e Bet—Peor, Axdot—Pisgah e Bet—Ieximot.
21
E todas as vilas da terra cha e todos os dominios de Sihón, rei dos amorreos, que reinou en Hexbón, e que o venceu Moisés a el e mais ós príncipes de Madián: Eví, Réquem, Sur, Hur, e Reba, oficiais de Sihón e veciños do país.
22
E a Balaam, o adiviño, fillo de Beor, matárono os fillos de Israel coa espada, o mesmo ca a outros.
23
E foron os lindeiros dos fillos de Rubén, o Xordán e a súa ribeira. Estes eran os eidos dos fillos de Rubén, segundo as súas familias: as vilas e aldeas.
24
E deu terras Moisés á tribo de Gad —ós fillos de Gad—, segundo as súas familias.
25
E foron os lindeiros deles Iazer e todas as cidades de Galaad, e a metade do país dos fillos de Amón ata Aroer, que está enfronte de Rabah;
26
e, desde Hexbón, ata Ramah—Mispeh e Betonim; e, desde Mahanaim, ata o límite de Debir.
27
E no val, Bet—Aram, Bet—Nimrah, Succot, Safón, o resto do reino de Sihón —rei de Hexbón—, o Xordán e a súa ribeira, ata o remate do mar de Quinéret, pola outra banda do Xordán, ó oriente.
28
Esta é a herdanza dos fillos de Gad, segundo as súas familias: as vilas e as aldeas.
29
E deu terras Moisés á media tribo de Menaxés. E foron os lindeiros da media tribo de Menaxés, segundo as súas familias,
30
desde Mahanaim todo o Baxán, todo o reino de Og, rei do Baxán, e todos os lugares de Iaor que hai no Baxán: sesenta pobos.
31
E medio Galaad, Axtarot e Edrei, cidades do reino de Og, no Baxán, foron para os fillos de Maquir, fillo de Menaxés, ou máis ben para a metade dos fillos de Maquir, segundo as súas familias.
32
Estes son os eidos que distribuíu Moises na terra cha do Moab, na outra banda do Xordán, ó oriente de Xericó.
33
E á tribo de Leví non lle deu Moisés eido ningún. O Señor, Deus de Israel, El é a súa herdanza, segundo lles prometera El".
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24