bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 6
Joshua 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 7 →
1
As portas de Xericó estaban ben pechadas e atrancadas por mor dos fillos de Israel: ninguén saía nin entraba.
2
E o Señor dixo a Xosué: —"Mira que poño nas túas mans a Xericó, o seu rei e mais os seus defensores.
3
Vós, todos os guerreiros, circundaredes a vila unha vez, dándolle un rodeo. E faredes así durante seis días.
4
Sete sacerdotes levarán sete trompetas de corno de carneiro, diante da Arca. O sétimo día circundaredes a vila sete veces, e os sacerdotes tocarán as trompetas.
5
E, cando soe o corno de carneiro, en escoitando vós o son da trompeta, bruará todo o pobo con grande berro. Entón virase abaixo o muro da vila, e subirá a eito todo o pobo".
6
Xosué, fillo de Nun, chamou polos sacerdotes e díxolles: —"Traede a Arca da Alianza e que sete sacerdotes leven sete trompetas de carneiro diante da Arca do Señor".
7
Logo díxolle ó pobo: —"Ide alá e circundade a vila e que os guerreiros pasen diante da Arca do Señor".
8
Logo que Xosué falou ó pobo, os sete sacerdotes que levaban sete trompetas de carneiro pasaron diante do Señor e sopraron nas trompetas e a Arca da Alianza do Señor ía detrás deles.
9
Os homes da vangarda ían diante dos sacerdotes que sopraban nas trompetas, namentres que a retagarda ía detrás da Arca do Señor; e camiñábase ó son das trompetas.
10
Xosué deulle ó pobo esta orde: —"Non berredes nin deixedes oír a vosa voz, nin saia sequera unha palabra da vosa boca, ata o día que vos diga bruade. Daquela, berraredes".
11
Fixo entón que a Arca da Alianza circundase a vila, dándolle o rodeo unha vez; despois, volveron para o campamento, e pasaron a noite alí.
12
Xosué ergueuse de mañanciña e os sacerdotes colleron a Arca do Señor.
13
Os sete sacerdotes que levaban sete trompetas de carneiro diante da Arca do Señor ían camiñando ó mesmo tempo que sopraban nas trompetas. A vangarda ía diante deles, e a retagarda ía detrás da Arca do Señor; e camiñábase ó son das trompetas.
14
E no segundo día tamén rodearon a vila unha vez, e volveron logo ó campamento. Así fixeron durante seis días.
15
No día sétimo erguéronse moi de mañanciña e rodearon a vila do mesmo xeito, sete veces. Só nese día circundaron a vila sete veces.
16
O sétimo rodeo sopraron os sacerdotes nas trompetas; e dixo Xosué ó pobo: —"Bruade, pois o Señor entrégavos a vila.
17
Facede exterminio dela e de canto haxa nela, para o Señor: tan só seguirán con vida Rahab —a prostituta—, e todo o que estea con ela na casa, pois acochou os mandadeiros que enviaramos.
18
Soamente vos digo: gardádevos ben de quedar con algo do consagrado ao exterminio, non sexa que, por cobiza, collades del porque traeriades a desgraza ao campamento de Israel.
19
Todo o que sexa prata, ouro ou vasos de bronce ou de ferro será consagrado ó Señor, e pasará ó tesouro do Señor".
20
Bruou o pobo, e sopraron nas trompetas; e, cando oíu a xente o soar da trompeta, deu o pobo un grande berro e derrubáronse os muros; subiu a eito o pobo á vila, e ocupárona.
21
E destruíron todo o que había na vila: homes e mulleres, mozos e vellos, bois, ovellas e asnos, co gume da espada.
22
Pero Xosué xa lles encomendara ós dous que foran pescudar o país: —"Entrade na casa da rameira, e sacade de alí á muller e a todo o que teña con ela, segundo lle xurastes".
23
Foron os mozos espías, e sacaron a Rahab, a seu pai e súa nai, a seus irmáns, e a todo o que tiña ela: sacaron toda a súa parentela, e puxéronos fóra do campamento de Israel.
24
Entón prendéronlle lume á vila, con todo o que había nela, fóra da prata, ouro e vasos de bronce e de ferro, que os puxeron no tesouro da casa do Señor.
25
En troques, deixou Xosué con vida a Rahab —a prostituta— xunto coa casa de seu pai e mais con todo o que tiña con ela; e residiu no medio de Israel ata o día de hoxe, pois acochou os mandadeiros que enviara Xosué para pescudar Xericó.
26
Daquela, botou Xosué este xuramento: —"Sexa maldito diante do Señor quenquera que se poña a edificar esta vila de Xericó: comezará a edificala sobre o seu primoxénito, e sobre o fillo máis novo colocará as súas portas".
27
O Señor estivo con Xosué e a súa sona espallouse por todo o país.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24