bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 14
Joshua 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 15 →
1
Estes son os eidos que herdaron os fillos de Israel na terra de Canaán, e que distribuíron Elazar o sacerdote, Xosué, fillo de Nun, e os xefes de familia das tribos dos fillos de Israel.
2
A súa herdanza asignouse por sortes, como establecera o Señor por medio de Moisés para as nove tribos e mais para a outra media,
3
pois Moisés dera xa herdanza a dúas tribos e media na outra banda do Xordán, pero ós levitas non lles dera eidos no medio deles.
4
Como os fillos de Xosé formaban dúas tribos —Menaxés e Efraím—, non deron parte ós levitas no país, fóra das cidades de residencia, cos arredores para a súa habenza e seu gando menor.
5
Tal como mandara o Señor a Moisés, dese xeito fixeron os fillos de Israel, e partillaron o país.
6
Achegáronse os fillos de Israel a Xosué en Guilgal, e díxolle Caleb, fillo de Iefuneh, o quenizeo: —"Ti ben sabes o que lle prometeu o Señor a Moisés, o home de Deus, verbo de min e mais de ti, en Cadex—Barnea.
7
Eu tiña xa corenta anos cando Moisés, o servo de Deus, me enviou desde Cadex—Barnea a percorrer o país, e, en volvendo, deille novas de acordo co meu corazón.
8
Meus irmáns, que subiron comigo, fenderon o corazón do pobo, namentres que eu camiñei detrás do Señor, o meu Deus.
9
E xurou Moisés naquel día, dicindo: a terra que pisaron os teus pés, logo non ha de ser decote eido para ti e para teus fillos?, pois camiñaches detrás do Señor, o meu Deus.
10
E agora, velaquí que o Señor retivo a miña vida, como prometera, durante corenta e cinco anos, desde que llo anunciou Moisés, cando Israel andaba polo deserto; e agora, velaquí que teño hoxe oitenta e cinco anos.
11
Non obstante, aínda agora estou forte como no día que me enviou Moisés para a loita, e para me desenvolver con soltura.
12
Rógoche, pois, que me deas a montaña esa á que se referiu o Señor naquel día, pois xa oíches entón que estaban alí os anaquitas, e que as cidades eran grandes e ben defendidas. Pero pode ser que o Señor estea comigo, de xeito que consiga botalos, como El dixo".
13
Entón Xosué bendiciuno e deulle Hebrón como herdanza a Caleb, fillo de Iefuneh.
14
Por iso Hebrón foi para Caleb, fillo de Iefuneh, o quenizeo, en herdanza, ata o día de hoxe, porque camiñou detrás do Señor, Deus de Israel.
15
O nome de Hebrón era antes Quiriat—Arbá (por mor do máis grande dos anaquitas). E o país repousou da loita.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24