bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 8
Joshua 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 9 →
1
E dixo o Señor a Xosué: —"Non temas nin te desanimes: colle contigo todo o teu exército e anda, sube contra Ai. Velaquí que entrego nas túas mans ó rei de Ai, o seu pobo, a súa vila e mais o seu país.
2
Farás con Ai e co seu rei como fixeches con Xericó e co seu rei. Soamente colleredes para vós, como botín, os seus despoxos e mais o seu gando. Faille unha emboscada á vila polas costas".
3
E ergueuse Xosué e todo o seu exército, para subir contra Ai; e escolleu Xosué trinta mil guerreiros, e enviounos de noite,
4
des—pois de ordenarlles: —"Fixádevos ben: poñede unha emboscada á vila, por detrás; non vos afastedes moito da vila, e estade á espreita.
5
Eu, e mais todo o pobo que vaia comigo, achegarémonos á vila, e, cando saian ó noso encontro, fuxiremos diante deles, como da outra vez.
6
Eles sairán detrás de nós ata que os arredemos da vila, pois dirán: foxen de nós como da outra vez; e fuxiremos diante deles.
7
Entón erguerédesvos da emboscada e ocuparedes a vila, pois o Señor, o voso Deus, púxovola nas mans;
8
e, cando a ocupedes, prenderédeslle lume; habedes de actuar de acordo coa palabra do Señor. Fixádevos no que vos mando".
9
E enviounos Xosué e foron poñer a emboscada, colocándose entre Betel e Ai, ó oeste de Ai. Aquela noite, durmiu Xosué entre o pobo.
10
Xosué ergueuse de mañanciña, pasou revista ás tropas e subiu el e mais os anciáns de Israel, fronte ó pobo de Ai.
11
Subiu tamén todo o exército que tiña con el, e avanzaron, ata chegaren fronte á vila. Acamparon ó oriente de Ai, quedando o val entre eles e Ai.
12
(E Xosué collera arredor de cinco mil homes, que os puxera na emboscada, entre Bétel e Ai, ó oeste da vila;
13
e o pobo estableceu todo o campamento ó norte da vila, e a súa retagarda ó oeste da vila. E Xosué pasou aquela noite no val).
14
O tal ver o rei de Ai, buliron axiña e espertaron os homes da cidade, que se ergueron cedo. E saíron a loitar contra Israel, o rei e todo o seu pobo, no tempo sinalado, fronte á Arabah, sen se decataren de que lles tiñan posta unha emboscada detrás da vila.
15
Xosué e mais todo Israel arredáronse de diante deles e colleron polo camiño do deserto.
16
E todo o pobo que estaba na vila sentiuse movido a perseguilos; e abouxaron a Xosué, e afastáronse da vila,
17
e non quedou un na vila que non saíse detrás de Israel: deixaron a vila aberta e perseguiron a Israel.
18
E dixo o Señor a Xosué: —"Brande a lanza que levas na man contra Ai, pois voucha entregar". E brandiu Xosué contra a vila a lanza que tiña na man.
19
Non ben estendeu Xosué a súa man, os da emboscada erguéronse axiña do seu refuxio, correron, e, entrando na vila, ocupárona; e de contado, prendéronlle lume.
20
Ollaron para atrás os homes de Ai, e viron que subía fume da vila cara ó ceo, e que non tiñan posibilidade de fuxir para parte ningunha, pois o pobo que collera cara ó deserto, tornou contra quen perseguía
21
(pois Xosué e todo Israel, ó se decataren de que os da emboscada tomaran a vila, e que subía fume dela, volveron e atacaron ós homes de Ai).
22
Os da emboscada saíron da vila contra os homes de Ai, de xeito que estes quedaron collidos por Israel por un lado e mais polo outro; e mallaron neles, ata non deixaren un sobrevivente nin un fuxitivo.
23
E colleron vivo ó rei de Ai, e leváronllo a Xosué.
24
E, cando Israel terminou de matar a todos os veciños de Ai que saíran ó campo, e no deserto —onde os abouxaran estes, caendo todos polo gume da espada—, volveu todo Israel a Ai, e pasárona polo gume da espada.
25
E os mortos naquel día, entre homes e mulleres, foron doce mil, toda a xente de Ai.
26
E Xosué non pousou a súa man, ata que exterminou a todos os veciños de Ai.
27
Os de Israel soamente colleron como botín para eles o gando e os despoxos daquela vila, de acordo co mandato do Señor a Xosué.
28
Xosué queimou Ai e fixo dela un monte asolado, ata o día de hoxe:
29
e ó rei de Ai colgouno dunha árbore ata o serán; e, cando se foi o sol, mandou Xosué que baixasen o seu cadáver da árbore, e que o chimpasen á entrada da porta da vila. E botáronlle enriba un monte grande de pedras, que quedou ata o día de hoxe.
30
Entón construíu Xosué un altar ó Señor, Deus de Israel, no monte Ebal,
31
de acordo co mandado por Moisés, servo de Deus, ós fillos de Israel, como está escrito no libro da Lei de Moisés: un altar de pedras intactas, que non as traballase o ferro; e ofreceron nel holocaustos ó Señor, e sacrificios pacíficos.
32
E gravou alí nas pedras unha reprodución da Lei de Moisés, que escribira diante dos fillos de Israel.
33
E todo Israel os seus anciáns, os seus oficiais e os seus xuíces, estaban dunha e doutra banda da Arca, diante dos sacerdotes levitas que levaban a Arca da Alianza do Señor: como o nativo, así o forasteiro. A metade, de fronte ó monte Garizim, e a outra metade, de fronte ó monte Ebal, como establecera Moisés, servo do Señor, ó comezo, para bendicir o pobo de Israel.
34
Así dispostos, leu Xosué todas as palabras da Lei loanzas e maldicións, de acordo con todo o escrito no libro da Lei.
35
Non houbo palabra de todas as que mandou Moisés que non as lese Xosué diante de toda a asemblea de Israel, e mais diante das mulleres, dos nenos, e dos forasteiros que vivían entre eles.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24