bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 18
Joshua 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 19 →
1
E toda a asemblea dos fillos de Israel congregouse en Xiloh, e estableceu alí a Tenda do Encontro; e o país quedoulles sometido.
2
Pero quedaban aínda sete tribos de entre os fillos de Israel sen recibiren a súa partilla.
3
E dixo Xosué ós fillos de Israel: —"Ata cando continuaredes sendo lacazáns para pasar a herdar a terra que vos deu o Señor, Deus de vosos pais?
4
Escollede de entre vós tres homes por tribo. Eu enviareinos, e eles ergueranse e irán polo país, e tomarán nota del no tocante á vosa herdanza, e volverán despois onda min.
5
Eles dividirán o país en sete partes. Xudá quedará co seu territorio ó sur; e a casa de Xosé quedará co seu territorio ó norte.
6
E vós faredes a descrición do país en sete lotes, e traerédesma a min, e eu sinalareivos as porcións aquí, diante do Señor, o noso Deus,
7
porque os levitas non teñen parte ningunha entre vós —pois a súa parte é o sacerdocio do Señor—, e Gad e Rubén e mais a media tribo de Menaxés colleron os seus eidos na outra banda do Xordán, ó oriente, e déullela a eles Moisés, o servo do Señor".
8
Erguéronse os homes, e emprenderon camiño. E Xosué mandáralles describir a terra, dicindo: —"Ide, e percorrede a terra, e describídea: logo tornade onda min, e aquí escolmarei os lotes para vós, diante do Señor, en Xiloh".
9
E foron os homes e percorreron o país, e describírono no libro por cidades, en sete partes; e tornaron onda Xosué ó campamento, en Xiloh.
10
E Xosué partillou lotes para eles, en Xiloh, diante do Señor, e repartiu alí Xosué o país para os fillos de Israel, de acordo coas súas divisións.
11
E saíu o lote da tribo dos fillos de Benxamín, segundo as súas familias, e tocoulle o lindeiro da parte deles entre os fillos de Xudá e os fillos de Xosé.
12
E saía o seu lindeiro norte desde o Xordán, continuaba pola montaña ó oeste, e saía ó deserto de Bet—Aven.
13
Despois ía cara a Luz, e pasaba a carón de Luz, polo sur da cidade (de Betel), e baixaba a Atarot—Adar, na montaña que está ó sur de Bet—Horón de Abaixo.
14
O lindeiro ía para adiante e volvía á beira do mar polo Sur, desde a montaña que está enfronte a Bet—Horón polo sur, e saía a Quiriat—Baal (que é Quiriat—Iearim, cidade dos fillos de Xudá), no tocante ó cuadrante occidental.
15
En canto ó cuadrante sur, partía do remate de Quiriat—Iearim, e ía cara ó oeste, saíndo ás fontes das augas de Neftóah.
16
Baixaba ata o remate da montaña que está enfronte do Val de Ben—Hinnom (ó norte do Val dos Refaím), ía polo val de Hinnom —a carón dos iebuseos, polo sur—, e baixaba a En—Róguel.
17
Continuaba polo norte e saía a En—Xémex; ía dar a Guelilot —que está enfronte da subida de Adumín—, e baixaba á Rocha de Bohán, fillo de Rubén.
18
Despois pasaba á outra banda —a da Arabah—, polo norte, e baixaba ata a Arabah;
19
pasaba a carón de Bet—Hoglah, polo norte, e saía ó norte da lingua do Mar do Sal, ó sur da desembocadura do Xordán (éste é o lindeiro meridional).
20
E polo leste lindaba co Xordán. Esta é a herdanza dos fillos de Benxamín, segundo os seus lindeiros circundantes e segundo as súas familias.
21
E correspondéronlle á tribo de Benxamín, segundo as súas familias, as cidades de Xericó, Bet—Hoglah, Émec—Quesis,
22
Bet—Arabah, Semaraim, Betel,
23
Avim, Parah, Ofrah,
24
Quefar—Amonai, Ofni e Gaba: doce cidades coas súas aldeas.
25
Gabaón, Ramah, Beerot,
26
Mispeh, Quefirah, Mosah,
27
Requem, Irpeel, Taralah,
28
Selá, Élef, Iebusi —que é Xerusalén—, Guibat e Quiriat: catorce cidades e as súas aldeas. Esta é a herdanza dos fillos de Benxamín, segundo as súas familias.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24