bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 19
Joshua 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 20 →
1
O segundo lote foi para Simeón, para a tribo dos fillos de Simeón, segundo as suás familias, e tiveron os seus eidos no medio da herdanza dos fillos de Xudá.
2
E tocoulles en herdanza Beerxeba, Xeba, Moladah,
3
Hásar—Xual, Balah, Sem,
4
Eltolad, Betul, Hormah,
5
Siclag, Bet—Marcabot, Hasar—Susah,
6
Bet—Lebaot e Xeruhén: trece cidades e as súas aldeas:
7
In, Rimón, Éter e Axán: catro cidades e as súas aldeas;
8
e mais todas as aldeas que hai arredor desas cidades ata Balat—Beer (que é Ramat do Sur). Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Simeón, segundo as súas familias.
9
Da partilla dos fillos de Xudá, tocoulles herdanza ós fillos de Simeón, pois o lote dos fillos de Xudá era de máis para eles; e herdaron os fillos de Simeón no medio do territorio daqueles.
10
O terceiro lote foi para os fillos de Zebulón, segundo as súas familias, e chegou o lindeiro da súa herdanza ata Sarid.
11
De aí subía cara ó occidente, e a Maralah, e chegaba a Dabéxet e mais ó torrente que está enfronte de Iocneam.
12
E volvía de Sarid cara ó oriente —á saída do sol—, ata o extremo de Quislot—Tabor, prolongábase ata Daberat, e subía a Iafía.
13
Desde alí pasaba cara ó oriente, a Guitah—Hérfer e Itah—Casín, e saía a Rimón—Metoar e a Neah.
14
Despois dobraba cara ó norte, a Hanatón, e remataba no val de Iefteel.
15
Con Catat, Nahalal, Ximrón, Idalah e Belén, son doce cidades coas súas aldeas.
16
Esta é a herdanza dos fillos de Zebulón, segundo as súas familias: esas cidades, coas súas aldeas.
17
O cuarto lote que saíu foi para Isacar: para os fillos de Isacar, segundo súas familias.
18
O seu lindeiro ía cara a Iezrael Quesulot, Xunem,
19
Hafaraim, Xión, Anaharat,
20
Rabit, Quixión, Abes,
21
Rémet, En—Ganim, En—Hadah e Ben—Passés.
22
O lindeiro chega ó Tabor, a Xahasimah e Bet—Xémex, e remata no Xordán. No total, dezaseis cidades e ás súas aldeas.
23
Esta é a herdanza da tribo dos fillos de Isacar, segundo as súas familias: as cidades, coas súas aldeas.
24
O quinto lote que saíu foi para a tribo dos fillos de Axer, segundo as súas familias.
25
O seu lindeiro ía por Helcat, Halí, Beten, Acxaf,
26
Alamélec, Amad e Mixal; e polo Occidente chegaba ó Carmelo e mais a Xihor—Libnat.
27
volvía cara ó oriente, a Bet—Dagón, e chegaba a Zebulón e mais á parte norte do val de Iefteel, e Bet—Émec e Neiel, e saía pola esquerda a Cabul,
28
Hebrón, Rehob, Hamón e Canah, ata Sidón a Grande.
29
O lindeiro xiraba cara a Ramah e ata a Forteza de Tiro, e volvía a Hosah, para saír ó mar pola parte de Aczib.
30
Collía tamén Umah, Afec e Rehob: no total, vinte e dúas cidades coas súas aldeas.
31
Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Axer, segundo as familias: esas cidades e mais as súas aldeas.
32
O sexto lote que saíu foi para a tribo de Naftalí: para os fillos de Naftalí, segundo as súas familias.
33
O seu lindeiro ía desde Hélef —desde a aciñeira de Saananim, Adamí—Néqueb e Iabneel, ata Lacum e prolongábase ata o Xordán;
34
voltaba polo occidente a Asnot—Tabor, dirixíase desde ali a Hucoc, chegaba a Zebulón polo sur, e tiña a Axer polo occidente e o Xordán polo oriente.
35
Collía tamén as cidades de defensa, de Sidim, Ser, Hamat, Racat, Quinéret,
36
Adamah, Ramah, Hasor,
37
Quédex, Edrei, En—Hasor,
38
Irón, Migdal—El, Harem, Bet—Anat e Bet—Xémex: dezanove cidades coas súas aldeas.
39
Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Naftalí, segundo as súas familias: esas cidades e mais as súas aldeas.
40
O sétimo lote que saíu foi para a tribo dos fillos de Dan.
41
O lindeiro da súa herdanza collía Sorah, Extaol, Ir—Xémex,
42
Xaalabín, Aialón, Itlah,
43
Elón, Timnátah, Ecrón,
44
Eltequeh, Guibetón, Baalat,
45
Ihud, Bené—Berac, Gat—Ri—món,
46
Me—Iarcón, e mais Racón, co lindeiro enfronte de Iafa.
47
O lindeiro dos fillos de Dan saía fóra do seu territorio, pois os fillos de Dan foron e loitaron contra Léxem e ocupárona; despois, pasárona pola espada e posuírona e habitaron nela. E chamaron a Léxem, Dan, coma o seu devanceiro.
48
Esta era a herdanza dos fillos de Dan, segundo as súas familias: esas cidades, e mais as súas aldeas.
49
Cando remataron de distribuír a terra segundo os seus lindeiros, os fillos de Israel deron herdanza a Xosué, fillo de Nun, no medio de eles,
50
cumprindo co mandato do Señor. Déronlle a cidade que pediu: Timnat——Sérah, na serra de Efraím. Entón edificou a cidade e habitou nela.
51
Estes son os territorios que herdaron o sacerdote Elazar e Xosué, fillo de Nun, e os xefes de familia das tribos dos fillos de Israel, por sortes, en Xiloh, diante do Señor, á porta da Tenda do Encontro e remataron así de repartir o país.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24