bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 5
Joshua 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 6 →
1
Cando os reis amorreos da banda occidental do Xordán e todos os reis cananeos de onda o mar, souberon que o Señor secara as augas do Xordán diante dos fillos de Israel, ata que o atravesaron, desfaleceu o seu corazón e non quedou xa alento neles por mor dos fillos de Israel.
2
Daquela, dixo o Señor a Xosué: —"Fai coitelos de pedra, e, unha vez máis, bótate a circuncidar os fillos de Israel".
3
E fixo Xosué coitelos de pedra, e circuncidou os fillos de Israel, no Outeiro dos Prepucios.
4
A razón pola que Xosué se puxo a circuncidar foi esta: todo o pobo que saíra de Exipto —os varóns, todos os guerreiros—, morreran no deserto, polo camiño, ó saíren de Exipto.
5
Así que fora circuncidada toda a xente que saíra de Exipto; pero a que nacera no deserto, polo camiño, na súa fuxida de Exipto, non estaba circuncidada.
6
De feito, os fillos de Israel botaron corenta anos polo deserto, ata o acabamento de toda a xeración de guerreiros saídos de Exipto, que non escoitaran a voz do Señor, polo que o Señor lles xurara privarlles de ver a terra que prometera a seus pais que había de nos dar, unha terra que deita leite e mel.
7
E foi a seus fillos —ós que xurdiron no sitio deles—, a quen circuncidou Xosué, pois eran incircuncisos, ó non seren circuncidados polo camiño.
8
E velaquí que, cando se rematou de circuncidar toda a xente, permaneceron nos seus postos no campamento, ata que sandaron.
9
E dixo o Señor a Xosué: —"Hoxe quiteivos de enriba o oprobio de Exipto". A aquel sitio, puxéronlle de nome Guilgal, e aínda hoxe se chama así.
10
Os fillos de Israel acamparon en Guilgal e celebraron a Pascua no décimo cuarto día do mes, polo serán, nas chairas de Xericó.
11
No día seguinte á Pascua, comeron dos produtos do país: bolos ácimos e espigas torradas, no mesmo día.
12
E, ó día seguinte de comeren do froito da terra, cesou o maná, e en adiante xa non houbo maná para os fillos de Israel: aquel ano comeron do produto da terra de Canaán.
13
Aconteceu que, estando Xosué en Xericó, ergueu os ollos e veu un home ergueito diante del, coa espada desenvaiñada na súa man. Xosué achegóuselle e díxolle: —"Ti es dos nosos, ou do inimigo?"
14
El respondeulle: —"Non: eu son o príncipe do exército do Señor, e acabo de chegar". Daquela, caeu Xosué de xeonllos en terra, e adorouno. E díxolle: —"Que quere mandar o meu Señor ó seu servo?"
15
Respondeulle o príncipe do exército do Señor a Xosué: —"Descálzate, pois o lugar onde te atopas é santo". E así fixo Xosué.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24