bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 20
Joshua 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 21 →
1
E díxolle o Señor a Xosué:
2
—"Fálalles ós fillos de Israel, e dilles: Escollede para vós as cidades de refuxio, tal como vos prometín por medio de Moisés,
3
de xeito que poida fuxir a elas o homicida que matase a alguén por erro, non de grado; e serviranvos de refuxio verbo do vingador do sangue.
4
O homicida fuxirá a unha desas cidades, e deterase no limiar da porta, e contaralles o seu caso ós anciáns da cidade aquela; e acollerano na vila e daranlle un lugar para morar entre eles.
5
E, aínda que o vingador do sangue o persiga, eles non entregarán o homicida nas súas mans, pois non de grado matou ó seu próximo, a quen antes non odiara.
6
E morará na cidade aquela ata que teña o xuízo da asemblea, e ata a morte do Sumo Sacerdote de entón. Daquela volverá o homicida e entrará na súa vila e na súa casa, na cidade da que fuxira".
7
E escolleron a Quédex, en Galilea, na serra de Naftalí, a Xequem, na serra de Efraím, e a Quiriat—Arbá —que é Hebrón—, na serra de Xudá.
8
E na outra banda do Xordán, ó oriente de Xericó, sinalaron a Béser, no deserto, á altura da tribo de Rubén; a Ramot, en Galaad, da tribo de Gad; e a Golán, no Baxán, da tribo de Menaxés.
9
Esas foron as cidades de refuxio para todos os fillos de Israel, e mais para o forasteiro que andase no medio deles, para fuxir alí todo o que mate a alguén non de grado, de xeito que non morra a mans do vingador do sangue, namentres non compareza diante da asemblea.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24