bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 4
Joshua 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 5 →
1
Despois de que toda a xente pasara o Xordán, díxolle o Señor a Xosué:
2
—"Escollede doce homes de entre o pobo, un por cada tribo,
3
e mandádelles isto: Erguede de aí, do medio do Xordán, do sitio onde estiveron firmes os pés dos sacerdotes, doce pedras; carrexádeas e fixádeas no lugar onde ides pasar a noite hoxe".
4
E chamou Xosué os doce homes que escollera de entre os fillos de Israel —un por cada tribo—,
5
e díxolles: —"Pasade diante da Arca do Señor, o voso Deus, ó medio do Xordán, e erguede nos ombros cada un de vós unha pedra, de acordo co número de tribos dos fillos de Israel,
6
para que isto sexa un sinal no medio de vós. E, cando o día de mañá vos pregunten vosos fillos que senso teñen para vós esas pedras?,
7
responderédeslles que as augas do Xordán estiveron cortadas diante da Arca da Alianza do Señor ó pasar o Xordán: cortáronse as augas do Xordán, e velaquí estas pedras como lembranza para os fillos de Israel decote".
8
E os fillos de Israel fixeron tal como mandara Xosué: colleron doce pedras do medio do Xordán, como indicara o Señor a Xosué, segundo o número de tribos dos fillos de Israel, e leváronas con eles, e fixáronas no lugar onde pasar a noite.
9
E Xosué fixo colocar doce pedras no medio do Xordán, no lugar onde se pousaran os pés dos sacerdotes que levaban a Arca da Alianza, e permaneceron alí ata o día de hoxe.
10
E os sacerdotes que levaban a Arca estiveron ergueitos no medio do Xordán, ata o remate de todo o discurso que o Señor mandou a Xosué proclamar ó pobo (segundo todo o que mandara Moisés a Xosué). Daquela, o pobo deuse présa e atravesou.
11
En pasando a totalidade do pobo, pasaron tamén a Arca do Señor e mais os sacerdotes e fóronse colocar diante do pobo.
12
E pasaron os fillos de Rubén e os fillos de Gad e mais a media tribo de Menaxés, armados, diante dos fillos de Israel, segundo lles tiña dito Moisés:
13
uns corenta mil soldados listos para a loita pasaron diante do Señor cara ás chairas de Xericó.
14
No día aquel engrandeceu o Señor a Xosué diante de todo Israel e respectárono como respectaron a Moisés todos os días da súa vida.
15
E dixo o Señor a Xosué:
16
—"Mandade que suban do Xordán os sacerdotes que levan a Arca do Testemuño".
17
E ordenoulles Xosué: —"Subide do Xordán".
18
E aconteceu que, en subindo do medio do Xordán os sacerdotes que levaban a Arca da Alianza do Señor, cando puxeron os pés en terra firme, tornaron as augas do Xordán ó seu sitio, e correron como antes por todas as súas ribeiras.
19
O pobo subiu do Xordán o décimo día do primeiro mes, e acampou en Guilgal, ó oriente de Xericó.
20
E Xosué mandou erixir en Guilgal as doce pedras aquelas que colleran do Xordán.
21
E díxolles ós fillos de Israel: "O día de mañá, cando vosos fillos pregunten a seus pais que senso teñen as pedras estas?,
22
instruiredes a vosos fillos, dicindo: por terra seca pasou Israel este Xordán,
23
pois o Señor, o voso Deus, fixo secar as augas do Xordán diante de vós ata que pasastes, como xa fixera co Mar Rubio, que o secou diante de nós ata que o atravesamos,
24
para que coñezan todos os pobos da terra que a man de Deus é poderosa, e para que temades decote ó Señor, o voso Deus".
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24