bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 7
Joshua 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 8 →
1
Pero os fillos de Israel foron desleais no tocante ao exterminio, por colleren del Acán, fillo de Carmí, fillo de Zabdí, fillo de Zérah, da tribo de Xudá. Entón prendeu a ira do Señor contra os fillos de Israel.
2
Xosué enviou homes desde Xericó a Ai —que está a carón de Bet—Aven, ó oriente de Betel—, dicíndolles: —"Subide e ollade a zona". Foron os homes e recoñeceron a vila.
3
E volveron onda Xosué, e dixéronlle: —"Que non suba todo o pobo; que suban dous ou tres mil homes, e baterán a Ai; non canses a todo o pobo facéndoo ir aló, pois eles son poucos.
4
Entón subiron uns tres mil de entre o pobo, e fuxiron diante dos homes de Ai.
5
E os homes de Ai matáronlles uns trinta e seis e perseguíronos desde diante da porta ata Xebarim, baténdoos na baixada. Daquela, disolveuse o corazón do pobo, e fíxose coma auga.
6
Xosué rachou as súas vestiduras e prostrouse co rostro por terra ata o serán diante da Arca do Señor, el e mais os anciáns de Israel; e botaron po nas súas cabezas.
7
E dixo Xosué: —"Ah, meu Señor Iavé!: Por que fixeches pasar o Xordán a este pobo, para poñéresnos nas mans dos amorreos e acabar connosco? Oxalá tivésemos quedado na outra banda do Xordán!
8
Meu Señor! E que hei de dicir, despois de que Israel volveu o lombo diante dos seus inimigos?
9
Oirano os cananeos e todos os veciños do país, e estreitarán o cerco contra nós e borrarán da terra o noso nome. E que farás ti do teu grande nome?"
10
E dixo o Señor a Xosué: —"Érguete! Por que fas iso: abatéreste sobre o teu rostro?
11
Pecou Israel, fenderon o meu pacto, o que lles encomendara; botaron man do consagrado, roubándoo e acochándoo, e poñéndoo despois cos seus arreos.
12
Por iso os fillos de Israel non poderán levantar cabeza diante dos seus inimigos; volveranlles o lombo, pois fixéronse obxecto do exterminio. Non continuarei estando convosco, se non quitades do medio de vós o consagrado.
13
Ti érguete, purifica o pobo, e dilles: Mantédevos puros para mañá, pois así di o Señor, Deus de Israel: Non poderás estar rexo fronte ós teus inimigos, ata que non fagades desaparecer o consagrado do medio de vós.
14
Achegarédesvos na mañá, por tribos; e a tribo que de nós sinale o Señor, virá por familias; e a familia que escolla o Señor, comparecerá por casas; e a casa que de entre nós sinale o Señor, acudirá por varóns.
15
E aquel que fose pillado co consagrado será queimado na fogueira —el e todo o que lle pertence—, pois rompeu a Alianza do Señor e fixo unha ruindade en Israel".
16
Xosué ergueuse pola mañanciña, e mandou comparecer a Israel, segundo as súas tribos; e foi designada a tribo de Xudá.
17
E fixo acudir as familias de Xudá, e escolleu a familia do Zarhí; e fixo achegarse a familia do Zarhí por casas, e foi escollida a casa de Zabdí;
18
e fixo comparecer a súa casa por varóns, e foi sinalado Acán, fillo de Carmí, fillo de Zabdí, fillo de Zérah, da tribo de Xudá.
19
E díxolle Xosué a Acán: —"Anda, filliño, dá gloria e loanza ó Señor, Deus de Israel, e cóntame o que fixeches, sen me ocultares cousa".
20
Respondeu Acán a Xosué: —"De certo, pequei contra o Señor, Deus de Israel, e fixen isto e mais isto:
21
vin nos despoxos un bo manto de Xinar, douscentos siclos de prata e mais un lingote de ouro de cincuenta siclos de peso. Cobiceinos e collinos. Están agachados en terra, no medio da miña tenda, cos cartos por debaixo".
22
E enviou Xosué mandadeiros, que correron en dirección á tenda; e velaquí que estaba todo acochado na súa tenda, cos cartos por debaixo.
23
Colléronos do medio da tenda, e leváronllelos a Xosué e a todos os fillos de Israel, e puxéronos no chan, diante do Señor.
24
E colleu Xosué a Acán, fillo de Zérah, cos seus cartos, o manto, o lingote de ouro, seus fillos e fillas, o seu asno, o seu gando, a súa tenda e todo o que tiña en presenza de todo Israel, e leváronos ó Val de Acor.
25
E dixo Xosué: "Como nos angustiaches dese xeito? Pois que o Señor te desgracie hoxe a ti!" E todos os israelitas apedrárono, e queimáronos na fogueira, e amorearon pedras enriba deles,
26
e fixeron alí un monte grande de pedras, que permaneceu ata o día de hoxe. E depuxo o Señor a súa ira. Por iso chaman a aquel sitio aínda hoxe o Val de Acor.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24