bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 17
Joshua 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 18 →
1
E tocoulle a partilla á tribo de Menaxés (pois el era o primoxénito de Xosé). A Maquir, primoxénito de Menaxés e pai de Galaad, por ser guerreiro, déuselle Galaad e Baxán.
2
E houbo tamén para o resto dos fillos de Menaxés, segundo as súas familias: para os fillos de Abiézer, para os de Hélec, que eran fillos de Asriel, os de Xequem, os de Héfer e os de Xemidá, todos eles fillos varóns de Menaxés —o fillo de Xosé—, segundo as súas familias.
3
Pero Selofhad, fillo de Héfer (o fillo de Galaad, o fillo de Maquir, fillo de Menaxés), non tivo fillos varóns, senón só fillas. Os nomes das súas fillas eran estes: Mahlah, Noah, Hoglah, Milcah e Tirsah.
4
E foron onda o sacerdote Elazar, onda Xosué o fillo de Nun, e mais onda os príncipes, dicindo: —"O Señor mandou a Moisés darnos herdanza no medio de nosos irmáns". E déronlles a partilla entre os irmáns de seu pai, de acordo co mandamento do Señor.
5
E tocáronlle a Menaxés dez partes, ademais da terra de Galaad e o Baxán (que está na outra banda do Xordán),
6
pois as fillas de Menaxés recibiron a herdanza no medio dos parentes del, sendo a terra de Galaad para os fillos varóns de Menaxés.
7
E o lindeiro de Menaxés ía desde Axer ata Micmetat (que está enfronte de Xequem), continuando cara a Iamín, onda os veciños de En—Tapúah.
8
A terra de Tapúah correspondeulle a Menaxés; pero a aldea —situada no extremo de Menaxés, pertencía ós fillos de Efraím.
9
E baixaba o lindeiro ó torrente de Canah polo sur do torrente. Esas cidades de Efraím estaban no medio das cidades de Menaxés e o lindeiro de Menaxés ía tamén polo norte do torrente ata saír ó mar.
10
Polo sur estaba Efraím; e polo norte Menaxés, tendo como lindeiro o mar; e atopábanse polo norte en Axer, e, polo leste, en Isacar.
11
E foron para Menaxés, en Isacar e en Axer, Bet—Xeán e as súas vilas, Ibleam e as súas vilas, e os veciños de Dor e das súas vilas, e os veciños de En—Dor e das súas vilas, e os veciños de Tanac e das súas vilas, e os veciños de Meguido e das súas vilas: tres outeiros.
12
Pero os fillos de Menaxés non puideron botar fóra ós veciños daquelas cidades; e viviron tranquilos os cananeos residindo naquela terra.
13
Cando os fillos de Israel se fortaleceron, impuxéronlles tributo ós cananeos; pero botar, non os botaron.
14
E protestaron os fillos de Xosé a Xosué, dicindo: —"Por que nos destes só unha parte da herdanza e da terra, sendo nós un pobo numeroso, bendicido por Deus ata o remate?"
15
Respondeulles Xosué: —"Se sodes un pobo numeroso, abride camiño na foresta, e preparade para vós alí, na terra dos perizitas e dos Refaím, xa que vos vén estreita a montaña de Efraím".
16
Dixeron entón os fillos de Xosé: —"O monte non é abondo para nós; e ademais todos os cananeos que habitan en terra cha teñen carros de ferro, tanto os que están en Bet—Xeán e nas súas vilas, como os que moran na chaira de Iezrael".
17
E dixo Xosué á casa de Xosé —a Efraím e a Menaxés—: "Ti es un pobo grande e tes moita forza: non levarás unha partilla soa,
18
pois o monte será para ti. Como hai madeira, cortarala e aproveitaraste dela: e os seus lindeiros serán teus, pois botarás fóra ós cananeos, aínda que teñan carros de ferro e sexan tamén eles fortes".
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24