bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 15
Joshua 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 16 →
1
E tocoulle a partilla á tribo dos fillos de Xudá, segundo as súas familias, no lindeiro de Edom, ó sur do deserto de Sin, no extremo meridional.
2
E foi o seu lindeiro sur o extremo do Mar do Sal, desde a lingua que miraba cara ó mediodía
3
e saía cara ó sur da subida de Acrabim, pasaba por Sin e subía polo sur de Cadex—Barnea; pasaba por Hesrón, subía cara a Adar e xiraba cara a Carcáah;
4
pasaba por Asmón, prolongábase ata o torrente de Exipto, e saía á beira do mar. Este era o seu lindeiro sur.
5
O seu lindeiro oriental era o Mar do Sal ata a foz do Xordán;
6
subía a Bet—Hoglah, pasaba polo norte de Bet—Arabah, e rubía á Rocha de Bohán, o fillo de Rubén,
7
e continuaba cara a Debir, desde o Val de Acor. E, polo norte, ía cara a Guilgal, que está enfronte da subida de Adumim ó sur do torrente; despois pasaba a pé das augas de En—Xémex, indo saír a En—Róguel.
8
E o lindeiro subía polo Val de Ben—Hinnóm, pola beira sur dos iebuseos —isto é, de Xerusalén—; e rubía polo cume do monte que dá polo oeste a Gue—Hinnom, e polo norte ó extremo do Val dos Refaím.
9
Desde o cume do monte, continuaba cara á fonte de auga de Neftóah, e saía ás vilas da montaña de Efrón; seguía cara a Baalah —que é Quiriat—Iearim—,
10
xiraba desde Baalah contra o occidente, ó monte Seir, pasaba pola aba norte da montaña de Iearim —que é Quesalón—, baixaba a Bet—Xémex e ía cara a Timnah;
11
corría polo flanco norte de Ecrón, continuaba cara a Xiquerón, e pasaba ó monte de Baalah, prolongábase ata Iabneel e remataba no mar.
12
E o lindeiro occidental ía dar ó Mar Grande e á súa praia. Esta é a fronteira que circundaba o territorio dos fillos de Xudá, segundo as súas familias.
13
E a Caleb, fillo de Iefuneh, deulle unha parte no medio dos fillos de Xudá, de acordo co mandato do Señor a Xosué: Quiriat—Arbá, do pai de Anac, que é Hebrón.
14
E botou de alí Caleb ós tres fillos de Anac: a Xexai, Ahimán e Talmai.
15
E subiu desde alí contra os veciños de Debir (o nome de Debir era antes Quiriat—Séfer);
16
e dixo Caleb: —"A quen ataque a Quiriat—Séfer e a conquiste, dareille por muller a miña filla Acsah".
17
Conquistou a vila Otoniel, fillo de Quenaz e irmán de Caleb; e Caleb deulle por muller a súa filla Acsah.
18
Aconteceu que, ó convivir con ela, incitouna a pedirlle a seu pai un campo; e baixou do asno, e díxolle a ela Caleb: —"Que tés?"
19
Respondeulle ela: —"Anda, faime un favor: pois me deches terra árida, dáme algunha fonte de auga". E foi el e deulle a fonte de arriba e mais a de abaixo.
20
Esta é a herdanza da tribo dos fillos de Xudá, segundo as súas familias.
21
E foron as cidades, desde o remate da tribo dos fillos de Xudá ata o lindeiro de Edom, no Négueb, Cabseel, Éder e Iagur,
22
Quinah, Dimonah, Adadah,
23
Quédex, Hasor, Itnán,
24
Zif, Télem, Bealot,
25
Hasor, Hadatah, Queriot, Hesrón —que é Hasor—,
26
Amam, Xemá, Moladah,
27
Hasar—Gadá, Hexmón, Bet—Pálet,
28
Hasar—Xual, Beer—Xeba, Bizioteiah,
29
Baalah, Iim, Sem,
30
Eltolad, Quesil, Hormah,
31
Siclag, Madmanah, Sansanah,
32
Lebaot, Xilhim, Ain e Rimón: no total, vintenove cidades coas súas aldeas.
33
E na Xefelah, Extaol, Sorah, Axnah,
34
Zanóah, En—Ganim, Zapúah, Enam,
35
Iar—mut, Adulam, Socoh, Azecah,
36
Xaaraim, Aditaim, Guederah e Guederotaim: catorce cidades, coas súas aldeas.
37
Senán, Hadaxah, Migdal—Gad,
38
Dileán, Mispeh, Iocteel,
39
Láquix, Boscat, Eglón,
40
Cabón, Lahmás, Quitlix,
41
Guederot, Bet—Dagón, Naamah e Maquedah: dezaseis cidades coas súas aldeas.
42
Libnah, Éter, Axán,
43
Iefté, Axnah, Nesib,
44
Queilah, Aczib e Marexah: nove cidades coas súas aldeas.
45
Ecrón, coas súas vilas e as súas aldeas.
46
Desde Ecrón ata o mar, todo o que está a carón de Axdod e mais as súas aldeas;
47
Axdod, as súas vilas e as súas aldeas: Gaza, as súas vilas e as súas aldeas, ata o torrente de Exipto, tendo como lindeiro o Mar Grande.
48
Na montaña, Xamir, Iatir, Sócoh,
49
Danah, Quiriat—Sanah, —que é Debir—;
50
Anab, Extemoh, Anim,
51
Goxén, Holón e Guilón: once cidades coas súas aldeas.
52
Arab, Rumah, Exán,
53
Ianum, Bet—Zapúah, Afecah,
54
Humtah, Quiriat—Arbá —que é Hebrón— e Sior: nove cidades e as súas aldeas.
55
Maón, Carmel, Zif, Iutah,
56
Iezrael, Iocdeam, Zanóah,
57
Caín, Guibah e Timnah: dez cidades, e as súas aldeas.
58
Halhul, Bet—Sur e Guedor;
59
Maarat, Bet—Anot e Eltecón: seis cidades e as súas aldeas.
60
Quiriat—Baal (que é Quiriat—Iearim) e Rabah: dúas cidades e as súas aldeas.
61
No deserto, Bet—Aarabah, Midín e Secacah,
62
Nibxán, a Cidade do Sal e En—Guedi: seis cidades e as súas aldeas.
63
No tocante ós iebuseos veciños de Xerusalén, non puideron botalos fóra os fillos de Xudá: e habitaron cos fillos de Xudá en Xerusalén ata o día de hoxe.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24