bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 11
Joshua 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 12 →
1
Cando o soubo Iabín, rei de Hasor, enviou unha mensaxe a Iobab —o rei de Madón—, ó rei de Ximrón, ó rei de Acxaf,
2
ós reis da parte norte da montaña e da terra cha, ó Sur de Quinerot, da Xefelah e dos outeiros de Dor, no occidente;
3
ós cananeos do oriente e do occidente, ós amorreos, ós hititas, ós perizitas, ós iebuseos da montaña, ós hivitas da baixada do Hermón, na terra de Mispah.
4
E saíron eles con todos os seus exércitos, unha multitude innumerable, coma a area da beira do mar, e con moitísimos cabalos e carros.
5
Coaligáronse todos aqueles reis, e foron acampar xuntos a pé das augas de Merom, para loitaren contra Israel.
6
E dixo o Señor a Xosué: —"Non lles teñas medo, pois mañá a estas horas deixareinos desfeitos ante Israel. Tronzarar os seus cabalos e prenderás lume ós seus carros".
7
Chegou Xosué con todo o exército onda as augas de Merom, e arremeteron de súpeto contra eles.
8
E púxoos o Señor nas mans de Israel, que os venceu e os perseguiu ata Sidón a Grande e deica Misrefot—Maim e o val de Mispah, no oriente. E esfarelounos ata o remate: non deixou nin rastro deles.
9
Fixo con eles Xosué tal como lle dixera o Señor: tronzou os seus cabalos e prendeu lume ós seus carros.
10
Daquela volveuse Xosué e tomou Hasor, e fixo pasar pola espada ó seu rei, pois Hasor era antigamente a capital de todos aqueles reinos.
11
E matou a todo ser vivo que había nela; exterminounos co gume da espada, sen deixar un, e a Hasor plantoulle lume.
12
E conquistou Xosué todas as cidades daqueles reis, e matou os seus reis, pasándoos polo gume da espada, segundo mandara Moisés, servo do Señor.
13
Soamente deixou Israel sen queimar as cidades emprazadas sobre outeiros, fóra de Hasor, que a queimara Xosué.
14
Os fillos de Israel colleron como botín para eles todos os despoxos das cidades aquelas, e os animais; pero ós homes pasáronos polo gume da espada, ata destruílos sen deixar rastro deles.
15
Como lle mandara o Señor a Moisés, o seu servo, así lle mandou Moisés a Xosué, e así fixo Xosué: e non esqueceu cousa de todo o que lle mandara o Señor a Moisés.
16
Deste xeito conquistou Xosué todo aquel país: a montaña e todo o Négueb, toda a rexión de Goxén e mais a Xefelah e o deserto, e a montaña de Israel e mais a súa terra cha.
17
Desde o Monte Rapado, que leva a Seir, ata Baal—Gad, no val do Líbano, por baixo do monte Hermón, pillou a todos os seus reis e feriunos ata morreren.
18
Xosué estivera loitando con todos aqueles reis durante moitos anos.
19
E fóra dos hivitas, que habitaban en Gabaón, non houbo cidade que pactase cos fillos de Israel, e pilláronas todas na loita:
20
pois era cousa do Señor, que fixo endurecer os seus corazóns, de xeito que declarasen a guerra a Israel e fosen exterminados sen compaixón e aniquilados, como mandara o Señor a Moisés.
21
Chegou entón Xosué, e fendeu os anaquitas da montaña de Hebrón, os de Debir, os de Anab e os de toda a montaña de Xudá e de todas as montañas de Israel: exterminounos Xosué, xunto coas súas cidades.
22
Non quedaron xa anaquitas na terra dos fillos de Israel: só sobreviviron en Gaza, en Gad e en Axdod.
23
Así conquistou Xosué todo o país, segundo lle tiña dito o Señor a Moisés; e deullo en herdanza Xosué a Israel, segundo a súa distribución en tribos. E o país repousou da loita.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24