bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Joshua 22
Joshua 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 23 →
1
Por aquel entón chamou Xosué ós rubenitas, ós gaditas e á media tribo de Menaxés,
2
e díxolles: —"Vós gardastes todo canto vos mandara Moisés, servo do Señor, e escoitastes a miña voz, todo canto eu vos mandei;
3
non abandonastes a vosos irmáns durante todo este tempo, ata o día de hoxe, senón que observastes con fidelidade o mandamento do Señor, o voso Deus.
4
E agora o Señor, o voso Deus, deulles acougo a vosos irmáns, como lles tiña prometido. Así que volvede e ídevos ás vosas tendas, á terra da vosa herdanza, que vos deu Moisés, servo do Señor, na outra banda do Xordán.
5
O que si habedes de coidar é cumprir o mandamento e a Lei que vos impuxo Moisés, servo do Señor, de xeito que amedes o Señor, o voso Deus, e vaiades polos seus camiños, e custodiedes os seus mandatos, para que vos afeccionedes a El e o sirvades de todo corazón e con toda a vosa alma".
6
E bendiciunos Xosué e despediunos e foron para as súas tendas.
7
E á media tribo de Menaxés déralle posesión Moisés no Baxán, namentres que á outra media lla deu Xosué entre os seus irmáns, nesta banda do Xordán, na do occidente. E, ó mandalos Xosué para as súas tendas, bendiciunos,
8
e díxolles: —"Tornades ás vosas tendas con moitos bens, con abonda facenda, con prata, ouro, cobre, ferro e vestidos en gran cantidade: repartide con vosos irmáns os despoxos dos vosos inimigos".
9
Daquela volveron os fillos de Rubén, os fillos de Gad e a media tribo de Menaxés, e deixaron Xiloh, onde estaban os fillos de Israel, na terra de Canaán, para se dirixiren á terra de Galaad, á terra da súa herdanza, que tiñan asignada pola palabra que dera o Señor por medio de Moisés.
10
En chegando á beira do Xordán na terra de Canaán os fillos de Rubén, os fillos de Gad e a media tribo de Menaxés construíron alí un altar grande, para poderen contemplalo.
11
E chegou isto ós ouvidos dos fillos de Israel: —"Velaquí que os fillos de Rubén, os fillos de Gad e mais a media tribo de Menaxés edificaron un altar no extremo da terra de Canaán, á beira do Xordán, na banda dos fillos de Israel".
12
Entón xuntouse toda a asemblea dos fillos de Israel en Xiloh, para declararlles a guerra.
13
E enviaron os fillos de Israel onda os fillos de Rubén e os fillos de Gad e a media tribo de Menaxés, na terra de Galaad, a Pinhás, fillo do sacerdote Elazar,
14
xunto con dez príncipes, un por cada tribo de Israel, sendo cada un deles xefe da súa familia patriarcal, entre os milleiros de Israel.
15
E chegaron onda os fillos de Rubén, onda os fillos de Gad e onda a media tribo de Menaxés, na terra de Galaad, e faláronlles deste xeito:
16
—"Así se pronunciou toda a asemblea do Señor: Que deslealdade é esa que cometestes contra o Deus de Israel, arredándovos hoxe do seguimento do Señor, edificando un altar, e poñéndovos así hoxe contra Iavé?
17
Logo non nos era de abondo o pecado de Peor, do que non nos demos purificado ata o día de hoxe, e que trouxo a praga á congregación do Señor?
18
E vós arredádesvos hoxe do seguimento de Iavé, e, obrando así, —poñéndovos hoxe contra o Señor—, o día de mañá vaise alporizar contra toda a asemblea de Israel.
19
No caso de que consideredes impura a terra da vosa herdanza, pasádevos á terra da herdanza do Señor, onde mora o seu tabernáculo, e tomade posesión no medio de nós; pero non vos arrepoñades contra o Señor e contra nós: non vos rebeledes facéndovos un altar a maiores do altar do Señor, o noso Deus.
20
E logo non cometeu unha deslealdade co sagrado Acán, o fillo de Zérah, e ceibouse a cólera sobre toda a asemblea de Israel?; E non veu el morrer co seu pecado?"
21
Os fillos de Rubén, os fillos de Gad e a media tribo de Menaxés, responderon ós xefes dos milleiros de Israel:
22
—"El, Elohim, Iavé; El, Elohim, Iavé: El ben o sabe, e Israel hao saber. Se foi por rebelión ou por deslealdade ó Señor, que non pasemos de hoxe,
23
por construírmos un altar para arredarnos do seguimento do Señor: se foi para ofrecerlle holocaustos, presentar ofrendas ou ofrecerlle sacrificios pacíficos, que o mesmo Señor o inquira.
24
Ou se máis ben foi por inquedanza nosa, pensando: O día de mañá dirán vosos fillos ós nosos: que tedes que ver vós co Señor, Deus de Israel?
25
Pois o Señor puxo de lindeiro entre nós e vós —fillos de Rubén e fillos de Gad— o Xordán, non tedes parte co Señor; e así, vosos fillos farán afogar nos nosos o temor do Señor.
26
Foi por iso que dixemos: temos que construír un altar, non para holocaustos nin sacrificios,
27
senón para que sexa testemuña entre nós e vós, e entre as xeracións que nos seguirán, de que queremos ofrecer o culto ó Señor diante del, cos nosos holocaustos, e cos nosos sacrificios e coas nosas ofrendas pacíficas: e así non dirán vosos fillos o día de mañá ós nosos: non tedes parte co Señor.
28
E dixemos: acontecerá que, se o día de mañá nolo din a nós e ás nosas xeracións, responderemos: ollade o exemplar de altar do Señor que fixeron os nosos devanceiros non para holocaustos nin para sacrificios, pois testemuña é el entre nós e vós.
29
Líbrenos Deus de repoñernos contra El e de arredarnos hoxe do seguimento do Señor por construírmos un altar para os holocaustos, para as ofrendas e sacrificios, a maiores do altar do Señor, o noso Deus, que está diante da súa morada".
30
Cando o sacerdote Pinhás, os príncipes da asemblea e os xefes dos milleiros de Israel, oíron as palabras que dixeron os fillos de Rubén, os fillos de Gad e mais os fillos de Menaxés, quedaron conformes.
31
E dixo Pinhás —o fillo de Elazar o sacerdote— ós fillos de Rubén, ós fillos de Gad e ós fillos de Menaxés: —"Agora sabemos que o Señor está no medio noso, pois non cometestes tal deslealdade contra El, librando así ós fillos de Israel da man do Señor".
32
Cando Pinhás, fillo de Elazar o sacerdote, e mais os príncipes volveron de onda os fillos de Rubén e os fillos de Gad, da terra de Galaad, á terra de Canaán, onda os fillos de Israel, fixéronos sabedores do que lles acontecera.
33
E a resposta contentou ós fillos de Israel, que louvaron a Deus, e non falaron xa de loitar contra eles e asolar así a terra onde habitaban os fillos de Rubén e os de Gad.
34
E os fillos de Rubén e mais os fillos de Gad chamáronlle a aquel altar Ed, pois dixeron: é testemuña entre nós de que o Señor é Deus.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24