bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Luke 10
Luke 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 11 →
1
Despois disto designou o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante del a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir.
2
Díxolles: A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle ó dono da colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.
3
Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos.
4
Non levedes saco, nin alforxa, nin calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño.
5
Cando entredes nunha casa, antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa".
6
E se alí hai xente de paz, sobre ela repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco.
7
Permanecede na mesma casa, comendo e bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu xornal. Non andedes dunha casa para outra.
8
Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do que vos poñan,
9
curade os enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus".
10
Pero cando non vos acollan na vila na que entredes, saíde ás prazas dicindo:
11
Non queremos levar da vosa vila nin o po que se nos pegou ós pés. Aí vos queda. Pero sabede que xa chega o Reino de Deus.
12
Asegúrovos que o Día do Xuízo será máis livián para Sodoma do que para aquela vila.
13
Ai de ti, Corozaín! Ai de ti, Betsaida! Porque se en Tiro e Sidón se fixesen os milagres que se fixeron en vós, hai ben tempo que facían penitencia, cubertos de saco e de cinsa.
14
Pero o día do Xuízo será moito máis livián para Tiro e Sidón do que para vós.
15
E ti, Cafarnaúm, seica pensas que vas chegar ata o ceo? Alagaraste no abismo!
16
Quen vos escoita a vós, escóitame a min, e quen vos rexeita a vós, rexéitame a min; pero o que me rexeita a min, rexeita a quen me mandou.
17
Entón volveron os setenta e dous moi contentos dicindo: Señor, aínda os demos tamén se nos someten no teu nome.
18
El replicou: Eu vía a Satán caendo do ceo coma un raio.
19
Porque vos dei poder para pisardes cobras e mais alacráns e poder sobre toda forza inimiga, e nada vos fará mal.
20
Con todo, non vos alegredes de que os espíritos se vos sometan: alegrádevos, máis ben, de que os vosos nomes estean escritos no ceo.
21
E naquel momento exclamou cheo de gozo do Espírito Santo: Bendito sexas, Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles agachaches estas cousas ós sabios e prudentes, e llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che agradar iso así.
22
Meu Pai ensinoume tódalas cousas, e ninguén coñece ó Fillo a non ser o Pai, nin coñece ó Pai a non ser o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.
23
E volvéndose ós discípulos, díxolles á parte: Benia os ollos que ven o que vós vedes.
24
Porque é ben certo que moitos profetas e reis arelaron ver o que vós vedes, e non o viron; e oír o que vós oídes, e non o oíron.
25
Ergueuse certo xurista e preguntoulle para o poñer á proba: Mestre, que teño que facer para herdar a vida eterna?
26
El respondeulle: Que pon a Lei? Que les?
27
Contestou: Amarás o Señor teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma, toda a túa forza e con todo o teu entendemento, e o próximo coma a ti mesmo.
28
El díxolle: Contestaches perfectamente; cúmpreo e vivirás.
29
Pero o xurista, querendo xustificarse, preguntoulle a Xesús: E quen é o meu próximo?
30
Xesús replicou: Dunha vez un home baixaba de Xerusalén a Xericó, e asaltárono uns bandidos, que, despois de o roubaren e bouraren nel, deixárono medio morto.
31
Cadrou a baixar polo mesmo camiño un sacerdote, que, ó velo, deu un rodeo e pasou de largo.
32
Igual fixo un clérigo, que pasaba por alí: ó chegar e velo, deu un rodeo.
33
Pero un samaritano, que ía de camiño polo mesmo lugar, ó velo, sentiu mágoa
34
e achegándose a el, curoulle as feridas con aceite e viño e vendoullas. Logo, montouno na súa cabalgadura, levouno a unha pousada e coidouno.
35
O outro día colleu dous denarios, deullos ó pousadeiro, e díxolle: "Coida del, e cando volva xa che pagarei o que gastes de máis".
36
Quen dos tres che parece que foi próximo do que caeu nas mans dos bandidos?
37
El respondeu: O que practicou a misericordia con el. Díxolle Xesús: Pois ti vai e fai outro tanto.
38
Cando ían de camiño, entrou en certa aldea, e unha muller chamada Marta acolleuno na súa casa.
39
Esta tiña unha irmá chamada María, que sentada ós pés do Señor, escoitaba as súas palabras.
40
Marta, en troques, estaba moi apurada co labor da casa; e achegándose a el, díxolle: Señor, non che importa que a miña irmá me deixe a min o traballo? Dille que me bote unha man.
41
Pero o Señor respondeulle: Marta, Marta, preocúpaste e desacóugaste con tantas cousas,
42
pero soamente unha é a necesaria. María escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai quitar.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24